O polígono industrial de Bergondo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello de Bergondo.

Historia e descrición miniatura|Tapa de rexistro do polígono industrial de Bergondo.|esquerda Trátase dun polígono industrial promovido pola SEPES e inaugurado en 1990. Conta cunha superficie total de 882.000 metros cadrados, dos que 649.010 son dedicados a parcelas.

Segundo o portal web da comunidade de propietarios do polígono este está dividido en 246 parcelas que acubillan 294 empresas, dando emprego a uns 4.000 traballadores/as.

En 2004 foi inaugurado o edificio multiúsos que se emprega, entre outros, para cursos de formación.

No ano 2009, o goberno de Portugal vetou o traslado a Bergondo dunha das maiores plantas de Europa de paneis solares. Ese mesmo ano, abriu un club de pádel, o primeiro de Galiza adaptado para persoas con minusvalías físicas e psíquicas.

A finais da primeira década do século XXI, Bricoking mudou a súa sede ao emblemático edificio Utande, semiintegrado nos lindes do polígono após a construción deste último.

Accesos Estradas e autoestradas N-VI pk 580,5 AP-9 AC-164

Transporte público Empresa de autocares Arriva.

Notas

Categoría:Bergondo Bergondo