José Márquez Peña, nado en Vigo en 1896 e finado na mesma cidade o 31 de decembro de 1958, foi un poeta galego en lingua castelá.
Traxectoria Publicou o seu primeiro poemario, Salmos de esperanza en 1922. Colaborou en Vida Gallega. En 1955 publicou Mensaje. En 1956 gañou o I Certame Poético de Primavera organizado pola asociación da Prensa de Vigo na súa modalidade en lingua galega co poema "Orballo na man".Hoja Oficial del Lunes, 23-04-1956, p. 6. En 1957 obtivo o Premio Pondal do Centro Gallego de Buenos Aires polo poemario Orballo na man.La Noche, 20-6-1957, p. 7. Finou en Vigo o 31 de decembro de 1958.El Pueblo Gallego, 1-1-1959, p. 7.
Obras Salmos de esperanza, 1922. Nostalgias, 1923. Azar. Arrayán, 1931. Mensaje, 1955.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1958