Teenager of the Year é o segundo álbum en solitario do músico estadounidense Frank Black, líder dos Pixies, publicado o 23 de maio de 1994 a través dos selos 4AD e Elektra Records. Foi producido polo antigo membro de Pere Ubu Eric Drew Feldman, que tamén toca os teclados. O disco adoita a ser citado como o momento máis álxido do catálogo de Francis tras a separación dos Pixies, e está no posto 94 da lista de Pitchfork Media dos 100 mellores álbums dos 90. O álbum conta coa colaboración de varios músicos, como o guitarrista de Pixies Joey Santiago e o guitarrista Lyle Workman. Aínda que no seu momento non foi moi ben recibido, a día de hoxe é eloxiado tanto pola crítica como polo público como un dos mellores momentos post-Pixies.
O álbum chegou ao número 2 da lista Billboard Heatseekers e ao 131 da Billboard 200 en 1994. O sinxelo "Headache" acadou o número 10 da Billboard Modern Rock Tracks ese ano.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Frank Black Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums de 4AD Categoría:Álbums de Elektra Records