O nome Costanza de Aragón pode aludir a:
Costanza de Aragón, infanta de Aragón, filla de Afonso II de Aragón, que foi raíña consorte de Hungría, de Sicilia, e emperatriz consorte do Sacro Imperio Romano-Xermánico, polo seu matrimonio con Frederico II Hohenstaufen; Costanza de Aragón, infanta de Aragón, filla de Xaime I de Aragón e de Violante de Hungría; Costanza de Aragón, infanta de Aragón, filla de Xaime II de Aragón e esposa do infante Don Juan Manuel; Costanza de Aragón e Entenza (1318–1346), infanta de Aragón, filla de Afonso IV de Aragón e da súa primeira esposa Teresa de Entenza; Costanza de Aragón (1343-1363), filla de Frederico II de Sicilia e da súa esposa Lionor de Anjou, que foi raíña consorte de Chipre polo seu matrimonio con Henrique II de Chipre, e despois raíña consorte de Armenia, polo seu segundo matrimonio con Léon V de Armenia; Costanza de Aragón e Navarra (1344–1363), infanta de Aragón, filla de Pedro IV de Aragón e raíña consorte de Sicilia polo seu matrimonio con Frederico III de Sicilia.