Mauro Varela Fernández, nado en Lugo cara a 1905 e finado na mesma cidade o 14 de xullo de 1986, foi un avogado galego.
Traxectoria Fillo de Benigno Varela Pérez. Avogado. Na Segunda República foi xuíz municipal de Lugo en xuño de 1931.El Pueblo Gallego, 9-6-1931, p. 10. Estivo afiliado ao PSOE e foi membro da loxa Lucus nº 5. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, en 1937 sufriu detención no seu domicilio ata febreiro de 1938, acusado de masón. Foi procesado no sumario 965/44 polo Tribunal para la Represión de la Masonería y el Comunismo, foi condenando a 12 anos e un día de reclusión menor, e en 1948 o Consello de Ministros conmutoulle a pena pola sanción de inhabilitación para cargos políticos e sindicais. Finou en Lugo o 14 de xullo de 1986 con 80 anos.La Voz de Galicia, 14-7-1986, p. 24.
Vida persoal Casou con Eva Pérez Fernández, filla de Antonino Pérez Castrillón, e foi pai de Mauro Varela Pérez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Avogados de Lugo Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Lugo
Categoría:Nados en 1905
Categoría:Finados en 1986
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes