La noche de los lápices é un filme arxentino dramático-histórico, dirixido por Héctor Olivera e estreado en 1986. Está protagonizado por Alejo García Pintos, Vita Escardó, Pablo Novak e Leonardo Sbaraglia. Escrito por Olivera e Daniel Kon, baséase no libro homónimo de María Seoane e Héctor Ruiz Nuñez. O filme recrea a noite dos lapis, un suceso real ocorrido en setembro de 1976. Durante os primeiros meses da Proceso de Reorganización Nacional, a última ditadura militar arxentina, sete estudantes de secundaria da cidade de La Plata foron secuestrados, torturados e asasinados. Pertencentes, na súa maioría, á Unión Estudantil Secundaria (UES) da cidade de La Plata, reivindicaban o boleto estudantil, unha redución no prezo dos billetes de transporte para estudantes.

Personaxes Alejo García Pintos como Pablo Díaz Vita Escardó como Claudia Falcone Leonardo Sbaraglia como Daniel José María Monje como Panchito Pablo Machado como Claudio Adriana Salonia como María Clara Tina Serrano como Señora Falcone Héctor Bidonde como Señor Falcone Alfonso De Grazia como Sacerdote Lorenzo Quinteros como Raúl Juan Manuel Tenuta como Reitor

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes dirixidos por Héctor Olivera Categoría:Filmes baseados en feitos reais