De Delftse Pauw (en galego: "O pavo real de Delft") ou, na súa forma completa, Delft Pottery de Delftse Pauw, é unha fábrica de louza establecida no século XVII ao norte da cidade surholandesa de Delft, nos países Baixos.

Historia miniatura|esquerda|Fabricación en De Delftse Pauw A fábrica fundouse no ano 1650 e localízase na zona de Delftweg no límite co concello de Rijswijk, ao pé da canle De Vliet. É un dos dous establecementos (xunto con Royal Delft) de fabricacioón de pezas cerámicas que continúa coa tradición da olaría de Delft, totalmente pintada á man, dos 32 que existían no século XVII."History ". En Delft Pottery De Delftse Pauw (en inglés)

O Delftse Pauw, atrae anualmente preto de 13.500 visitantes.Delft Marketing/Kerncijfers 2006. Gemeente Delft (en neerlandés)

Ademais da fabricación, o edificio alberga unha sala con exposición dos produtos fabricados, obradoiros de pintura sobre cerámica e unha pequena tenda onde se poden adquirir."Kunstaardewerkfabriek De Delftse Pauw BV". En Delftmusea (en neerlandés)"Workshops bij Delftse Pottery de Delftse Pauw ". En High Tea Vriendinnen (en neerlandés)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delft Louza de Delft Azulexo de Delft Royal Delft

Ligazóns externas Sitio web oficial de De Delftse Pauw (en inglés) De Delftse Pauw. Delft Blue Pottery (en inglés)

Categoría:Delft Categoría:Museos dos Países Baixos Categoría:Arte