miniatura|Con Oriana Méndez en Teñamos a poesía en Paz. Libraría Paz. Pontevedra. 11/04/2019 Carlos Lixó Gómez, nado o 11 de novembro de 1991 en Carreira (Ribeira), é un historiador, escritor e profesor de secundaria galego. Traxectoria Carlos Lixó é graduado en Historia e máster en Profesorado de ESO e Linguas pola Universidade de Santiago de Compostela. Recibiu o Premio Extraordinario da USC e o Premio de Fin de Carreira da Xunta de Galicia.Ficha de Carlos Lixó en Academia.edu. En 2020 defendeu a súa tese de doutoramento titulada O xurdimento dos castelos na Galiza medieval (ss. VIII-XIII) obtendo sobresaliente cum laude pola mesma universidade, onde tamén deu aulas.
No eido literario, Carlos Lixó obtivo en dúas ocasións o premio de relatos curtos do concello de Cambre e o terceiro premio de relatos curtos do concello de Ames. Publicou poemas en revistas como Dorna e OLGA. Colabora ocasionalmente no Nós Diario e outros xornais.
No 2017 foi merecedor do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé polo seu poemario As casas. O xurado estivo composto por Chus Nogueira, Jesús Castro Yáñez e María Lado.O poeta Carlos Lixó gañador do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, Concello de Fene. Un dos textos que compoñen o libro foi seleccionado entre os finalistas a mellor poema de 2018 do certame aRi[t]mar.
No 2018 recibiu o premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo con "Alpabardas verdes". Tamén obtivo o terceiro premio Xuventude Crea 2018 na modalidade de poesía.
En 2022 participou na serie documental Os castelos, producida pola Televisión de Galicia.
En 2026 publicou o seu primeiro libro de relatos, Rastros.https://numax.org/novas/detalle/carlos-lixo-presenta-rastros-na-libraria-numax?locale=gl
En 2026 é profesor de Xeografía e Historia no instituto da Pobra do Caramiñal.
Publicacións
As casas (2018). Espiral Maior, Colección Poesía Nº 275. 52 páxs. ISBN 978-84-947906-2-1. "O Tigre de Casanlobo", relato incluído en O ano do tigre (2022). Rodolfo e Priscila. Rastros (2026). Rodolfo e Priscila.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas . "O XXX Premio Pérez Parallé, para Carlos Lixó" Carlos Lixó entrevistado por Montse Dopico en Praza.gal.
Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1991 Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria