Terra Gallega, subtitulado Boletín decenal, foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1918.

Historia e características Decenario rexionalista, apareceu o 2 de setembro de 1918. Escrito en galego,La Voz de Galicia, 6-9-1918, p. 2. estaba vinculado á Irmandade da Fala de Santiago de Compostela. O segundo número apareceu o 11 de setembro.El Eco de Santiago, 11-9-1918, p. 2. Anunciouse a aparición do número catro para o 10 de outubro con reformas editoriais e no texto.Diario de Galicia, 2-10-1918, p. 1. Cesou a súa publicación en outubro co número catro.Gaceta de Galicia, 12-10-1918, p. 1.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:Prensa escrita en lingua galega Categoría:1918 en Galicia