Æðelstan (floruit 717x724) foi un rei, presumibelmente de Sussex, que reinou conxuntamente con Nothhelm.

Foi testemuña no derradeiro documento que chegou ata nós de Nothhelm, o cal está datado erroneamente en 714 por 717, como Athelstan rex. Non hai ningunha indicación do seu reino. O mesmo documento presenta tamén como testemuña á raíña Æðelðryð, como Edeldrið regina, presumibelmente a muller de Æðelstan. Barker (1947) especulaba "ben poden ser os pais do Æðelberht de vinte anos máis tarde". Véxase tamén Bibliografía Barker, E. 1947. Sussex Anglo-Saxon Charters, part 1. Sussex Archaeological Collections 86: 42-101.

Categoría:Reis de Sussex Categoría:Finados no século VIII