Concertos para piano de Wolfgang Amadeus Mozart 250px|center Número de concertos: Vinte e sete Instrumentación: Piano e orquestra (de dimensións e composición variable, mais sempre presenta unha sección de cordas ao completo e varios instrumentos de vento madera; tamén son frecuentes instrumentos de vento metal, principalmente trompetas e trompas). Datas de composición: 1767–1791 Números no Catálogo Köchel (KV): 37394041107175238242246271365413414415449450451453456459466467482488491503537595 Tonalidades fa maiorsi bemol maiorre maiorsol maiordó maiormi bemol maiorla maiorre menordó menor
Os concertos para piano e orquestra de Wolfgang Amadeus Mozart son un conxunto de vinte e sete obras deste xénero escritas polo compositor austríaco entre 1767 e 1791.
A estrutura destes concertos está escrita en tres movementos seguindo o esquema clásico: un primeiro movemento rápido (adoita ser un allegro), un segundo movemento lento (adoita ser un Adagio ou un andante) e un terceiro movemento rápido (normalmente, allegro, aínda que tamén aparece con indicacións de allegretto ou presto). Polo que respecta á forma, os primeiros movementos sempre están compostos en forma bitemática tripartita ou forma sonata, o segundo movemento en forma sonata abreviada, mentres que o terceiro adoita ser un rondó. Todos os concertos están escritos en tonalidades maiores, excepto dous: o n.º 20, en re menor, e o n.º 24, en dó menor. Os concertos presentan os seus segundos movementos na tonalidade da dominante, a excepción de sete: dous escritos en modo menor (números 20 e 24), nos que o segundo movemento está na tonalidade do VI, e outros cinco concertos, cuxos segundos movementos están escritos no relativo menor da tonalidade principal: o n.º 4 (KV 41), o n.º 9 (KV 271), o n.º 10 (KV 456), o n.º 22 (KV 482) e o n.º 23 (KV 488).
Nos seus concertos para piano, Mozart exhibe unha enorme habilidade técnica e un dominio completo dos recursos que ofrece a orquestra, creando un amplo abano de afectos e emocións.Véxase Arbor. Os seus concertos presentan, en liñas xerais, un carácter improvisatorio e virtuosístico, sobre todo nos primeiros movementos, que explotan todas as posibilidades técnicas do piano da época.Véxase Arbor. Na actualidade, considérase que os concertos para piano de Mozart constitúen o cume do concerto clásico e son os máis influentes para a posterioridade. Tres dos seus concertos para piano (números 20, 21 e 23) encóntranse entre as obras máis gravadas e coñecidas do repertorio clásico.Véxase Arbor.
A primeira edición completa dos concertos foi a de Richault de arredor de 1850. Dende aquela as partituras e os autógrafos teñen resultado alcanzables a través das publicacións de, entre outros, W. W. Norton, Eulenberg e Dover Publications.Véxase o prólogo de Radcliffe.
Os concertos para piano
Os primeiros concertos para piano da historia foron escritos, entre outros, por Carl Philipp Emanuel Bach, Johann Christian Bach, Antonio Soler, Georg Christoph Wagenseil, Johann Schobert, Johann Baptist Vanhal e Joseph Haydn. Aínda antes, no Concerto de Brandeburgo n.º 5 de Johann Sebastian Bach, a parte de teclado é a máis prominente entre os instrumentos. Esas obras, coa súa alternancia de tutti orquestrais e pasaxes solistas virtuosísticos, deben a súa estrutura á tradición das arias barrocas, das que os primeiros movementos dos concertos para piano de Mozart herdaron as súas básicas estruturas ritornélicas. Unha estrutura similar pode observarse nos concertos para violín de Antonio Vivaldi, quen estableceu a forma, ao longo do armazón en tres movementos do concerto; ou en Viotti, quen dividía o concerto en seis seccións.Véxase Grout.
Mozart deu importancia aos seus concertos para piano, algúns foron concibidos para ser interpretados por el mesmo en Viena entre 1784 e 1786.Véxase Schuring.Véxase Andrés. Cómpre facer alusión a que o pai do compositor lle fixo escribir un «concerto para clavicémbalo» aos catro anos de idade, poucos meses despois de iniciar os seus estudos de composición. Segundo Philip Radcliffe, o concerto clásico é quizais o xénero máis próximo á ópera; polo tanto, non é de estrañar que Mozart, un dos poucos grandes compositores que sentiu unha grande atracción tanto pola ópera como pola música instrumental, atopara no concerto unha forma particularmente agradable.
Os concertos para piano e orquestra de Mozart foron estudados por Donald Francis Tovey nos seus Essays in musical analysis (1903),Véxase Tovey. e máis tarde, abordáronse como tema principal nos libros de Cuthbert Girdlestone e Arthur Hutchings de 1940Véxase Girdlestone. e 1948,Véxase Hutchings 1997. respectivamente. Hans Tischler publicou unha análise estrutural e temática dos concertos en 1966,Véxase Tischler. así como Charles Rosen,Véxase Rosen. e Leeson e Robert Levin.Véxase Leeson e Levin.. Nos últimos anos, dous dos concertos (concretamente os números 20 e 21) foron analizados en profundidade por primeira vez nunha publicación elaborada por David Grayson e que forma parte das coleccións do Cambridge Music Handbook.Véxase Grayson.
Primeira etapa (1767-1778) esquerda|miniatura|260x260px|Wolfgang tocando clavicémbalo e Thomas Linley (da mesma idade) o violín, durante a súa estadía en Florencia en 1770; un ano despois, o pequeno Mozart escribiría os seus catro primeiros concertos para piano, que son arranxos orquestrais e para teclado de movementos de sonatas doutros compositores, e non obras orixinais. O lenzo reflicte a importancia que tivo a música de cámara na educación musical do novo xenio. Os primeiros concertos para piano de Mozart, números 1–4 (KV 37, 39, 40 e 41) foron arranxos orquestrais e para teclado de movementos de sonatas doutros compositores, e non obras orixinais. O recoñecemento deste feito levou a considerar a numeración dos concertos como incorrecta, polo que algúns libros recentes (por exemplo, nos de Girdlestone) fan referencia aos concertos con numeracións catro unidades máis baixas que as súas cifras coñecidas e familiares empregadas na actualidade.
Mozart tamén escribiu tres arranxos de sonatas para piano de Johann Christian Bach (op 5. n.º 2, en re maior; op. 5. n.º 3, en sol maior e op. 5. n.º 4, en mi bemol maior, todas compostas en 1766), catalogados como KV 107/1, KV 107/2 e KV 107/3 respectivamente. Estas obras foron escritas entre 1771 e 1772, datas que se puideron obter baseándose na análise da caligrafía dos autógrafos.
O primeiro concerto orixinal de Mozart, no que introduce novo material temático na primeira sección do piano solo, é o n.º 6, KV 238, en si bemol maior que data de 1776. Foi o seu primeiro inicio real no xénero, e gozou de gran popularidade durante moito tempo.Véxase a partitura en Mozart VII (primeira edición). miniatura|150px|right|Mozart en 1777, ano no que compuxo o seu Concerto para piano n.º 9. Este retrato foi pintado en Boloña por un artista descoñecido. Os dous seguintes, números 7 e 8 (KV 242 e KV 246) non son xeralmente considerados como obras nas que se producira un grande avance, a pesar de que o n.º 7, o concerto para tres pianos, sexa moi coñecido na actualidade. Con todo, nove meses despois de escribir o n.º 8, Mozart produciu unha das súas primeiras obras mestras, o Concerto «Jeunehomme», n.º 9, KV 271. Esta obra ofrece un avance decisivo na organización do primeiro movemento; ademais, presenta certos trazos atípicos, tales como a interrupción dramática do inicio orquestral por parte do piano tan só despois dun compás e medio. O último concerto que escribiu Mozart en Salzburgo foi o célebre concerto n.º 10 para dous pianos, KV 365: a presenza do segundo piano altera a estrutura "normal" da interacción piano-orquestra.
Finalmente, a esta primeira etapa pertence un fragmento dun concerto para piano e violín, KV A056/315f, iniciado por Mozart en Mannheim en novembro de 1778 para ser interpretado por si mesmo (piano) e polo violinista Ignaz Fränzl. O proxecto abandonouse cando o príncipe elector Carlos Teodoro de Baviera trasladou a corte e a orquestra (da que formaba parte Fränzl) a Múnic.
Os tres primeiros concertos vieneses (1782-1783) Logo da súa ruptura definitiva en 1781 co Príncipe-arcebispo de Salzburgo, Hieronymus von Colloredo, Mozart estableceuse en Viena como músico por conta propia. Os dezasete concertos escritos nesta etapa vienesa ocupan un lugar central na produción mozartiana. Compúxoos en primeira instancia como repertorio dos seus propios concertos públicos e procurou que agradaran a toda unha multiplicidade de oíntes. Cada un dos concertos de Viena é unha obra mestra individual; todos xuntos evidencian o mellor Mozart.
Aproximadamente dezaoito meses despois de que chegara a Viena, no outono de 1782, Mozart escribiu unha serie de tres concertos destinados a ser interpretados por el mesmo nos seus concertos por subscrición. Con todo, na primavera dese ano escribiu un rondó finale de substitución, KV 382, para o n.º 5, unha obra que resultou ser moi popular (en outubro de 1782 completou outro rondó, en la maior, KV 386, posiblemente destinado a ser un final alternativo para o KV 414, n.º 12). Este grupo de tres concertos foi descrito por Mozart a seu pai nunha famosa carta:Véxase a carta en Mozart I.
Esta pasaxe apunta a un importante principio dos concertos de Mozart: que estes foron deseñados para entreter o público e non soamente para satisfacer un impulso artístico.
Estes tres concertos son bastante diferentes de calquera outro concerto mozartiano: son obras relativamente íntimas, a pesar da burlesca grandeza do último. O n.º 12, KV 414 en la maior, o segundo da serie, é particularmente sutil: é con frecuencia descrito como «tirolés», e garda algún parecido co concerto en la maior, KV 488. O último destes tres, n.º 13, KV 415, é quizais a obra máis ambiciosa da serie, que introduce o primeiro tema, de carácter militar, nun canon cun impresionante inicio orquestral: o último movemento está considerado o mellor. Como o KV 414, é comparado cun concerto posterior na mesma tonalidade, o n.º 21, KV 467.
As obras mestras de madurez (1784-1786) O seguinte concerto, o KV 449 en mi bemol maior, é un nexo de unión cun período de gran creatividade que nunca foi superado na produción de concertos para piano. Dende febreiro de 1784 ata marzo de 1786, Mozart escribiu non menos de once obras mestras, e en decembro de 1786 proseguiu co n.º 25 (KV 503). O avance en técnica e estrutura dende os primeiros exemplos de Viena está marcado dende o primeiro dos concertos da súa serie máis madura. Escrito para ser interpretado pola súa discípula Barbara Ployer, o concerto (KV 449) é a primeira obra instrumental de Mozart que amosa a profunda influencia da súa escritura operística. O n.º 15, KV 450, o seguinte, mostra unha volta a un temperán estilo galante. Pola súa banda, o n.º 16, KV 451 é unha obra non moi coñecida, e con respecto a ela existe diversidade de opinións entre algúns investigadores actuais: por exemplo, a Arthur Hutchings parece non terlle agradado particularmente, aínda que Girdlestone a valora moi positivamente. O primeiro movemento é amplamente «sinfónico» en estrutura e marca un paso máis aló nas interaccións entre o piano e a orquestra. Sorprendentemente, Mozart sinala que o completou unicamente nunha semana despois que o previo, KV 450.