Gabriel Ricardo España y Amenábar, finado en Madrid en febreiro de 1934, foi un xornalista, escritor e político español, deputado a Cortes na Restauración.

Traxectoria En 1886 fundou e dirixiu na Habana a publicación El Eco Infantil. De regreso en Madrid, entre 1894 e 1897 dirixiu a Revista Política-Ibero-Americana. Autor de numerosas obras de dereito e administración, en 1894 publicou o Tratado de Derecho Administrativo Colonial e traduciu ao castelán e anotou a obra Gli Anarchici de Cesare Lombroso, canda a Julio Campo. Tamén dirixiu a Revista Política y Parlamentaria (1899) e foi fundador e propietario de Alma Española (1903). Ao longo da súa vida participou como colaborador en La Ilustración Española y Americana e La Ilustración Artística.

En 1916 foi fundador de Turismo-Hispanoamericano. Foi un dos promotores do primeiro congreso cinematográfico que tivo lugar en España, celebrado en Madrid en 1928, nun contexto de achegamento entre o cinema español e hispanoamericano.

Como político foi elixido deputado a Cortes polo distrito cubano de Matanzas nas eleccións xerais de 1898 e foi nomeado gobernador civil da provincia de Ourense en agosto de 1901.

Foi soterrado no cemiterio de La Almudena.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de España Categoría:Finados en 1934 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en ano descoñecido