Tacones lejanos é unha película española de 1991, dirixida por Pedro Almodóvar.
Sinopse Rebeca traballa como locutora de telexornais nunha cadea que dirixe o seu marido, Manuel. Este último foi o grande amor da nai de Rebeca, Becky del Páramo, antes de que esta abandonase a súa filla para dedicarse á súa carreira como cantante. Manuel non sabe que Rebeca é filla de Becky.
Quince anos despois, a nai volve a Madrid para actuar e arranxar algunhas contas pendentes, especialmente a relación coa súa filla Rebeca. A noite da súa chegada, Becky cea con Rebeca e Manuel. Xuntos van ver un imitador de Becky, o transformista Femme Letal. Rebeca dille á súa nai que, cando tiña saudade dela, ía ver o seu imitador.
Como as relacións entre Rebeca e Manuel non van ben, el intenta reavivar o seu vello amor con Becky, que non acepta o seu ofrecemento, a pesar de que Manuel lle di que pensa divorciarse de Rebeca. Unha noite, Manuel aparece asasinado no seu chalé.
Personaxes Victoria Abril (Rebeca) Rocío Muñoz (Rebeca de nena) Marisa Paredes (Becky del Páramo) Miguel Bosé (Xuíz Domínguez/Femme Letal) Anna Lizarán (Margarita) Mayrata O'Wisiedo (nai do xuíz Domínguez) Cristina Marcos (Paula) Féodor Atkine (Manuel) Pedro Díez del Corral (Alberto) Bibi Andersen (Suzanna) Nacho Martínez (Juan) Miriam Díaz Aroca (Isabel) Juan José Otegui (capelán do hospital) Paula Soldevilla (enfermeira) Javier Bardem (Javier)
Palmarés cinematográfico
Premios Goya Categoría Persoa Resultado Mellor interpretación feminina secundaria Cristina Marcos Candidata Mellor montaxe José Salcedo Candidato Mellor son Jean-Paul Mugel CandidatoMellor deseño de vestiario José María De Cossío Candidato Mellor maquillaxe e peiteado Jesús Moncusi e Gregorio Ros Candidatos
Premios Globo de Ouro Categoría Resultado Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa Candidata
Premios César Categoría Resultado Mellor película estranxeira Gañadora
Festival de Cine de Gramado (Rio Grande do Sul, Brasil) Categoría Persoa Resultado Mellor Actriz Marisa Paredes Gañadora Mellor Director Pedro Almodóvar Gañador Mellor Música Ryūichi Sakamoto Gañador Mellor Película Iberoamericana Candidata
Festival Internacional de Cine de Cartaxena de Indias (Colombia) Categoría Resultado India Catalina á mellor película Gañadora
Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 64ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en IMDb. . Ficha en filmaffinity. . (en Youtube).
Categoría:Filmes de 1991 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Pedro Almodóvar Categoría:Filmes producidos por Agustín Almodóvar Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes rodados en Madrid