Os Premios do Cinema Europeo foron establecidos en 1988 pola Academia do Cinema Europeo para recoñecer os méritos cinematográficos europeos. Os premios outórganse en dez categoría, sendo a máis importante a de mellor filme. Os premios están restrinxidos ao cinema de Europa e aos produtores, directores e actores europeos.

Os premios recibiron ata 1997 o nome de premios Félix en referencia á antiga estatua do galardón, logo substituída por unha estatua feminina.

A sede de entrega altérnase entre Berlín e outras cidades europeas.

Procedemento do premio Os filmes que participan deben ser longametraxes de ficción estreadas publicamente e mostradas (en festivais ou cines convencionais) despois do 1 de xullo do ano anterior. Baseándose nunha selección de aproximadamente corenta filmes recomendados para as candidaturas, os membros da Academia do Cinema Europeo vota os nomeamentos nas categorías principais, que se anuncian a principios de novembro no Festival de Cinema Europeo de Sevilla. A partir das candidaturas, os membros da Academia votan os gañadores en cada categoría, que se entregan nunha cerimonia a principios de decembro.

Elixibilidade Os criterios para que un filme cualifique como europeo baséanse na convención europea sobre coprodución cinematográfica, apéndice II, establecido polo Consello de Europa. Esta definición pode estenderse a obras e nacionalidades israelís e palestinas.

Unha obra cinematográfica considérase europea se acada polo menos 15 puntos: Elementos europeosPeso dos puntosGrupo creativoDirector 3Guionista3Compositor1Grupo de interpretaciónPrimeiro papel3Segundo papel2Terceiro papel1Grupo técnicoCámara1Gravador de son1Montador1Director artístico 1Estudio ou lugar de gravación1Lugar de posprodución1

Marcas Gañadores do "Big Five" A seguinte é unha listaxe dos filmes gañadores do "Big Five" (filme, director, guión, actor e actriz). Só un filme gañou estes cinco premios. AnoFilmeDirectorGuionistaActorActrizPaís 2016 Toni Erdmann Maren Ade Maren Ade Peter Simonischek Sandra Hüller

Múltiples vitorias Filmes que gañaron tres premios ou máis.

8 premios The Favourite (2019) 6 premios The Ghost Writer (2010) Zimna wojna (2018 e 2019) 5 premios Caché (2005) Volver (2006) Gomorra (2008) Ida (2014) Toni Erdmann (2016) The Square (2017) 4 premios Porte aperte (1990) Toto le Héros (1991) Dancer in the Dark (2000) Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain (2001) Hable con ella (2002) Good Bye, Lenin! (2003) Amour (2012) La grande bellezza (2013) Druk'' (2020)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Voting website for the People's Choice Award

Categoría:Premios de cinema