Sonic the Hedgehog é un videoxogo de plataformas desenvolvido polo Sonic Team e publicado pola compañía xaponesa Sega na consola Mega Drive. O xogo conta a historia dun ourizo antropomórfico chamado Sonic que ten que acabar co malvado Doutor Robotnik, un científico que muda animais en robots e que roubou un tesouro máxico coñecido como as "Chaos Emeralds" (Esmeraldas do Caos). O estilo de xogo consiste en atrapar aneis douradados para acadar saúde e un sistema de control simple, no que para saltar ou atacar soamente hai que premer un botón.
O xogo foi ben recibido pola crítica, e é considerado un dos mellores de tódolos tempos, grazas ao seu aspecto gráfico, a súa banda sonora e a súa forma de xogo. Tivo un grande éxito comercial e conseguiu ficar a Mega Drive (ou Genesis nos Estados Unidos) á mesma altura que Nintendo e a súa consola de 16 Bits Super Nintendo. O xogo tivo múltiples conversións.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Videoxogos de 1991 Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos de Game Boy Advance Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos de plataformas Categoría:Videoxogos de PlayStation Network Categoría:Videoxogos de Sega Mega Drive Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Live Arcade