O aeroporto internacional de Incheon , tamén coñecido como aeroporto internacional de Seúl-Incheon, é o aeroporto máis grande de Corea do Sur e un dos máis concorridos do mundo. Dende o ano 2005 vén sendo considerado o mellor aeroporto do mundo por Airports Council International. Tamén foi elixido o aeroporto máis limpo e o que ten o mellor tránsito internacional do mundo por Skytrax.
O aeroporto ten campo de golf, spa, habitacións de descanso privadas, unha pista de patinaxe sobre xeo, un casino, xardíns interiores e un museo sobre a cultura coreana. As autoridades do aeroporto afirman que de media as chegadas e saídas duran 19 e 12 minutos, respectivamente, en comparación coa media mundial de 60 e 45 minutos, converténdoo nun dos aeroportos máis rápidos do mundo á hora de operar.
O aeroporto inaugurouse o 29 de marzo de 2001 para substituír o antigo aeroporto internacional de Gimpo que a día de hoxe opera principalmente voos domésticos e voos de enlace ás principais cidades da zona, como Tokyo, Osaca, Pequín, Shanghai e Taipei.
Está situado ao oeste do centro de Incheon, nunha área creada artificialmente entre as illas de Yeongjong e Yongyu. As dúas illas estaba orixinalmente separadas por mar pouco profundo.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Notas
Seul-Incheon