STS-105 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 10 de agosto de 2001 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-105, con dez astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Scott Horowitz, o piloto Rick Sturckow e os especialistas de misión Daniel Barry e Patrick Forrester. Como carga levaba cinco toneladas de subministracións, equipamento diverso e un dormitorio para ser instalado no módulo Destiny e acomodar un terceiro astronauta. A tripulación instalou dos armarios levados no contedor Leonardo con experimentos científicos no seu interior. Leonardo, á súa vez, foi enchido de lixo e equipamento innecesario para ser levado a terra. Se instalou tamén a plataforma MISSE no exterior da estación para facer experimentos de materiais no baleiro do espazo. O transbordador acoplouse coa estación o 12 de agosto ás 18:42 GMT no porto PMA-2. Durante a misión tiveron lugar dúas actividades extravehiculares: na primeira, Forrester e Barry instalaron contedores con amoníaco para o sistema de refrixeración da estación e durante a segunda os mesmos astronautas instalaron a infraestrutura necesaria para acomodar a viga S0. O transbordador desacoplouse da estación o 20 de agosto ás 14:52 GMT, aterrando no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 22 de agosto de 2001. Entre o desacoplamento da estación e a reentrada atmosférica liberou o satélite Simplesat.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS