Miranda Jane Aldhouse-Green, nada o 24 de xullo de 1947 é unha investigadora e arqueóloga británica. Até o ano 2000 aproximadamente publicou como Miranda Green ou Miranda J. Green.

Traxectoria Graduouse na Universidade de Cardiff. En 1974 rematou un máster na Universidade de Oxford, no Lady Margaret Hall, e en 1981 doutorouse na Open University. Traballou nos museos de Worthing e Peterborough e na Open University en Gales. Aldhouse-Green foi elixida membro da Society of Antiquaries of London (FSA) en novembro de 1979, se ben xa non aparece na lista da FSA e na súa biografía da Universidade de Cardiff aparece como ex-membro. Entre 1993 e 2006 deu clase na Universidade de Wales, Newport, onde foi nomeada profesora de Arqueoloxía en 1998. Entre 2006 e 2013 foi profesora de Arqueoloxía na Universidade de Cardiff. En 2002 foi nomeada vicepresidenta da The Prehistoric Society, e anos despois presidenta.

Os seus campos de investigación son a Idade de Ferro e a cultura romano-británica, particularmente a iconografía galorromana e as actividades rituais de sacrificios.

Vida persoal Aldhouse-Green casou en 1970 co arqueólogo Stephen Aldhouse-Green, antes apelidado Stephen Green.

Obra Sussex Archaeological Collections, 1973. A corpus of small cult-objects from the military areas of Roman Britain, British Archaeological Reports, British Series, 1978 Roman Archaeology, Longman, 1984. The Gods of the Celts, Sutton, 1986. The World of the Druids, Thames, 1992. Celtic Myths, British Museum Press, 1993. Celtic Goddesses: Warriors, Virgins and Mothers, British Museum Press, 1995. Exploring the World of the Druids, Thames and Hudson, 1997. Dictionary of Celtic Myth and Legend, Thames and Hudson, 1997. Celtic Art; Symbols and Imagery, Sterling, 1997. “Vessels of Death”, Antiquaries Journal 78 (1998): 63–84. Pilgrims in Stone, British Archaeological Reports, International Series, 1999. Dying for the Gods: Human Sacrifice in Iron Age and Roman Europe, Tempus, 2001. The Gods of Roman Britain, Shire Publications, 2003. The Celts, Weiderfeld e Nicolson, 2004. Gwent in Prehistory and Early History, University of Wales Press, 2004. An Archaeology of Images, Routledge, 2004. The Quest for the Shaman: Shape-Shifters, Sorcerers And Spirit Healers of Ancient Europe, Thames & Hudson, 2005 (con Stephen Aldhouse-Green). Boudicca Britannia, Pearson Longman, 2006. Bog Bodies Uncovered, Thames and Hudson, 2015.

Notas

Referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en cardiff.ac.uk

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Cardiff Categoría:Profesores da Universidade de Cardiff Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Personalidades sen imaxes