Ana Cela Trulock, nada en Madrid o 1 de decembro de 1928 e finada o 4 de xaneiro de 2018, foi unha profesora e tradutora española.

Traxectoria Filla de Camilo Crisanto Cela y Fernández e de Camila Emanuela Trulock Bertorini, foi a quinta de nove irmáns, entre eles o escritor Camilo José Cela.

Licenciouse en Filoloxía Románica na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Complutense de Madrid. Formou parte do Teatro Español Universitario. Seguiu un seminario de literatura francesa na Sorbona, e foi colaboradora do Seminario de lingüística da Real Academia Española, participando na realización do Diccionario Histórico del Español.

Foi profesora de lingua e literatura castelá en diversos centros de Madrid e Bélxica. Foi bolseira da Universidade Católica de Lovaina, onde participou no seminario de Literatura do Século XX e Cristianismo, dirixido por Charles Moeller. Foi codirectora do Centre Universitarie de dita universidade.

Traduciu do francés máis de vinte e cinco libros de diversos xéneros, sobre todo novela. Obtivo un accésit do Premio Fray Luis de León de tradución.

Practicou o baloncesto, balonmán e voleibol.

Véxase tamén Ligazóns externas "Obituario: fallece a los 89 años Ana Cela Trulock, hermana del Nobel gallego", obituario de Luís López Pombo en El Progreso, 10 de xaneiro de 2018 .

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Tradutores do francés Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Tradutores ao castelán