A arbre. Auto en tres esceas e un epílogo-prólogo é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada no nº 9 da revista Grial en 1965 e escrita no ano 1948 en Esteiro (Ferrol). Foi reeditada en 1971 e 1982.
Foi estreada en Santiago en 1970 por Cantigas e Agarimos. Foi representada en 1970 polo Grupo Rosalía de Castro e por Breogania en 1982. Foi lida en 1982 nos actos da Homenaxe Nacional a Carvalho Calero.
Personaxes O home A muller Desenvolvemento Toda a decoración redúcese a unha arbre, ergueita no meio da escea. Telón de fundo. Escena I. En 1908. Árbore florida.
O home é un elegante cabaleiro de vinte anos, a muller unha elegante señorita de 18 anos. O home decláralle o seu amor eterno, ela tamén se vai declarar namorada mais ten que deixalo porque xa a comprometeron para casar cun bo partido que lle buscou a nai.
Escena II. En 1928. Árbore con follas.
O home, de corenta anos, viste con sobria corrección, a muller, de dezaoito anos, leva unha antuca aberta. El volve declararlle o seu amor, ela sinálalle o seu primo que está alí preto nunha terraza mirando para eles. El rexeita ir sentar con eles.
Escena III. En 1948. Árbore espida.
O home, con sesenta anos, leva unha roupa raída, a muller, con dezaoito anos, leva un paraugas pechado. Volven dialogar sobre o amor e a vida. Ela rexéitao, el colle e...
Epílogo-prólogo. Antes do almanaque. Árbore con froitos e serpe enroscada no toro.
O home, con vinte anos, e a muller, con dezaoito anos, vestidos de paraíso. Dialogan nun ton poético coa serpe polo medio. Remata: Tebras. Sucédense, alternándose, os tronos e as gargalladas. Unha grande espada de fogo brilla nas tebras.
Características Xa no propio libro se di que:
E o autor engade no prólogo:
Segundo Sindo Villamayor:
Para Henrique Rabuñal:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Obras literarias de 1965 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de teatro en galego