miniatura|300px|Ekers socken en Närke nun mapa do hundred de Örebro Socken é o nome usado para unha parte dun condado en Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia. Un socken é unha área que previamente foi como unha parroquia civil ou unha parroquia administrativa. Anteriormente estaba unida a unha parroquia, pero no presente é unha área tradicional con distintas fronteiras que as das parroquias orixinais. Nalgunhas partes de Suecia o uso de "socken" como unha forma de describir unha zona é máis importante que noutras. Un socken pode ter tamén o mesmo nome que unha localidade ou parroquia.

Historia Socken, en sueco antigo sokn, en dinamarqués ou bokmål sogn, e en nynorsk sokn, é un nome arcaico para as parroquias eclesiásticas orixinais dos condados, kyrksocken. Tamén describe a unha área secular, un sockenkommun ("localidade rural") ou a unha área de impostos, un jordbokssocken. Nos países nórdicos un socken era unha área administrativa formada por varias vilas ou localidades semellante ás parroquias civís en Inglaterra, pero o concepto non é usado para referirse ás cidades. Un socken tiña unha igrexa parroquial, estanba gobernado por un consello e foi o predecesor dos municipios modernos.

En 1862, os kyrksockens e os sockenkommuns foron abolidos en Suecia como áreas administrativas durante as reformas dos municipios. O jordbrukssocken seguiu en uso ata que o Fastighetsdatareformen ("reforma do rexistro de bens inmobles") completouse entre 1976 e 1995. Despois diso non se realizaron máis alteracións nos sockens.

O 1 de xaneiro de 2016 apareceu en Suecia unha nova división administrativa e área estadística, o distrito. Xeograficamente os distritos correspóndense coas límites que tiñan as parroquias da Igrexa de Suecia o 31 de decembro de 1999. Ao redor do 85% dos vellos sockens correspóndense cos novos distritos.

Aínda que o termo socken xa non é usado pola administración sueca, este segue usándose na catalogación e rexistro de arquivos históricos (Swedish National Heritage Board), botánicos, na investigación de dialectos, na toponimia e por sociedades históricas locais. O socken é un parámetro axeitado para estes propósitos xa que non cambiaron co paso do tempo.

Notas

Categoría:Subdivisións de Suecia Categoría:Administración