A rúa de Juana de Vega é unha rúa da Coruña situada entre os barrios do Ensanche e da Pescaría da cidade.
Historia A rúa de Juana de Vega discorre sobre a antiga muralla da cidade, que tiña portas na actual praza de Pontevedra, en dirección ao Camiño Novo e na actual praza de Mina, en dirección ao Camiño Real.
Orixinariamente a rúa era coñecida como paseo da Alameda e recibiu o nome actual, en honra da escritora coruñesa Juana de Vega en 1876, pasando o nome de Alameda á que nese momento se coñecía como rúa das Bestas.
Veciños e negocios No número 21 desta rúa faleceu o poeta Eduardo Pondal. O edificio foi demolido en 2005 e logo reconstruído.Derribada la casa coruñesa en la que vivió Eduardo Pondal
Nos números 2-6 estivo situado o Gran Hotel de Francia, considerado o máis luxoso da cidade. Coa prohibición do uso de nomes estranxeiros no franquismo rebautizouse como Hotel España e en 1968, co derrubamento do edificio, trasladouse a outro local da mesma rúa.Del Hotel de Francia al Blue CoruñaEl Gran Hotel de Francia
Nos números 16-18 estivo instalada unha central de teléfonos que logo se trasladou á rúa de Santo André.
Arquitectura Na rúa de Juana de Vega existen varios edificios destacados: N.º 16, edificio modernista de Julio Galán Carvajal (1907), ampliado por Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1940) N.º 18, edificio con galerías N.º 11, edificio de estilo ecléctico de Faustino Domínguez (1877) N.º 13, edificio de estilo ecléctico de Faustino Domínguez (1882) N.º 15, edificio con galerías N.º 17, edificio de Faustino Domínguez (1885) N.º 19, edificio modernista de Antonio de Mesa (1923) N.º 21 e 23, edificios de Faustino Domínguez (1877)
No quinteiro entre a rúa de Juana de Vega e a rúa de Durán Loriga sitúase o edificio do Banco de España, deseñado por José Astiz Bárcena entre 1921 e 1926.La rehabilitación del Banco de España hará aflorar el diseño original, casi centenario
En 1992 derrubouse a igrexa dos Xesuítas, obra neogótica de Francisco Rabanal construída entre 1899 e 1902 e ampliada cunha torre por Leoncio Bescansa anos despois.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Historia de la Zona Obelisco
Categoría:Rúas da Coruña