Judith Arundell Wright, nada en Nova Gales do Sur (Australia) o 31 de maio de 1915 e finada en Camberra o 26 de xuño de 2000, foi unha escritora e crítica australiana, alén dunha activista polos dereitos dos aborixes australianos.
Traxectoria Entrou para a Universidade de Sydney en 1934, onde estudou filosofía, historia, psicoloxía e inglés sen se formar. Arredor dos seus vinte anos, quedou progresivamente xorda. Entre 1837 e 1938 viaxou por Europa. Con 30 anos, coñeceu o compañeiro co cal máis tarde casaría: J.P. McKinney.
Considerada unhas das maiores figuras da literatura australiana en ensaios e poesía,Nova Enciclopédia Portuguesa - Vol.26, pág.2482 (Ediclube, 1992). foi Doutora Honoris Causa polas Universidades de Queensland, Nova Inglaterra e Sydney.
Judith Wright faleceu en Camberra a 26 de xuño de 2000, con 85 anos.Registo das Mulheres da Austrália
Notas
Véxase tamén Bibliografía Brady, Veronica (1998) South of My Days: A Biography of Judith Wright, Angus & Robertson
Categoría:Nados en 1915 Categoría:Escritores de Australia Categoría:Finados en 2000 Categoría:Escritores en lingua inglesa