miniatura|dereita|240px|Unha avoa e a súa neta preparando biscoitos.
O Día dos Avós é un día conmemorativo dedicado aos avós das familias, que complementa o Día do Pai e o Día da Nai. A xornada celébrase en diferentes países con diversidade de denominación, motivación e data. En moitos países de Latinoamérica e de Europa o día escollido é o 26 de xullo, por ser o día en que a liturxia católica conmemora a san Xaquín e santa Ana, pais de María, a nai de Xesús e, polo tanto, avós de Xesús. A historia dos avós de Xesús baséase no Protoevanxeo de Santiago, segundo o cal Santa Ana naceu en Belén e os seus pais eran Matan e Emerenciana, mentres que a familia de Xosé descendía do rei David e de Leví. A ONU promove a celebración internacional dun día que recorde as persoas maiores, o Día Internacional das Persoas Maiores, o 1 de outubro.
Notas
Categoría:Familia Categoría:Xullo Categoría:Días de concienciación