O 16 de outubro é o 289º día do ano do calendario gregoriano (290º nos anos bisestos). Quedan 76 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1793 - en París, Marie Antoinette ―viúva de Lois XVI― é guillotinada no marco da Revolución francesa. 1941 - Fúndase o Pontevedra Club de Fútbol. 1945 - Créase a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, a FAO. 1969 - Créase o Parque nacional de Doñana .
Nacementos miniatura|100px|Günter Grass 1854 - Arnold Böcklin, pintor suízo (m. 1901) 1854 - Oscar Wilde, poeta e escritor irlandés. 1874 - José Ramón Lence, escritor e xornalista galego (m. 1951). 1877 - Felipe Gil Casares, avogado e político galego (m. 1953). 1888 - Eugene O'Neill, dramaturgo norteamericano (m. 1953). 1927 - Günter Grass, escritor alemán. 1958 - Tim Robbins, director, produtor, guionista, activista e músico estadounidense. 1962 - Flea, músico americano nado en Australia.
Mortes 1342 - Lois de Sicilia, rei de Sicilia (1342 – 1355). 1553 - Lucas Cranach o Vello, pintor alemán (nado en 1472). 1555 - Hugh Latimer, mártir británico. 1555 - Nicholas Ridley, mártir británico. 1591 - Gregorio XIV, Papa da Igrexa Católica. 1602 - Eugenio de Salazar, escritor español. 1628 - François de Malherbe, poeta lírico francés. 1776 - Jean Étienne Bernard Ogier de Clugny, estadista francés. 1793 - María Antonieta, raíña de Francia (n. 1755). 1793 - John Hunter, cirurxián e anatomista británico. 1796 - Vítor Amadeu III de Savoia, duque de Savoia e rei de Sardeña (1773: 1796). 1810 - Najman de Breslav, fundador do movemento xasídico. 1855 - Antonio García Reyes, político e periodista chileno. 1857 - Miguel Teurbe Tolón, separatista cubano, creador da bandeira e o escudo de Cuba. 1881 - Marcial del Adalid, compositor español. 1909 - Jakub Bart-Ćišinski, escritor alemán, considerado o máis importante e completo poeta en idioma sórabo. miniatura|100px|Auguste Beernaert 1912 - Auguste Beernaert, estadista belga, premio Nobel da Paz en 1909. 1930 - Herbert Henry Dow, químico industrial estadounidense. 1933 - Ismael Montes, avogado e político boliviano, 26º presidente de Bolivia (1904: 1909 e 1913: 1917). 1937 - Argimiro Rico Trabada, mestre e político galego (n. 1905). 1937 - Jean de Brunhoff, autor francés. 1940 - José Bernardino Ortega, político arxentino. 1945 - José Baña Pose, escritor galego (n. 1872). 1946 - Hans Frank, líder nazi. 1946 - Wilhelm Frick, líder nazi, Ministro do Interior de Alemaña. 1946 - Alfred Jodl, líder nazi, oficial alemán da Wehrmacht e axudante de Wilhelm Keitel. 1946 - Ernst Kaltenbrunner, líder nazi, xefe da policía de seguridade e da Sicherheitsdienst (SD). 1946 - Wilhelm Keitel, líder nazi, mariscal de campo alemán durante a segunda guerra mundial. 1946 - Joachim von Ribbentrop, líder nazi, político, diplomático e Ministro de Asuntos Exteriores de Alemaña. 1946 - Alfred Rosenberg, líder nazi, político estoniano, fiel colaborador de Hitler e Ministro de Territorios Ocupados do leste de Alemaña. 1946 - Julius Streicher, líder nazi, editor do diario de ideoloxía nacionalsocialista Der Stürmer. 1954 - Ewald von Kleist, militar alemán da segunda guerra mundial. 1956 - Jules Rimet, presidente da FIFA (1921-1954). 1959 - George Catlett Marshall, xeneral estadounidense, Xefe de Estado Maior durante a segunda guerra mundial. 1966 - George O'Hara, actor estadounidense. 1971 - Emilio Pettoruti, pintor arxentino. 1972 - Leo G. Carroll, actor británico. 1973 - Gene Krupa, batería estadounidense. 1981 - Moshe Dayan, político israelí. 1982 - Adriano Correia de Oliveira, músico portugues. 1984 - Peggy Ann Garner, actriz estadounidense. 1989 - Cornel Wilde, actor estadounidense. 1992 - Shirley Booth, actriz estadounidense. 2000 - Antonio Ferrandis, actor español. 2006 - Valentín Paniagua Corazao, presidente do Perú (2000: 2001). 2006 - Trebisonda Valla, atleta italiana. 2007 - Gerardo Alfaro, periodista mexicano. 2007 - Deborah Kerr, actriz inglesa. 2007 - Toše Proeski, cantante macedonio. 2011 – Dan Wheldon, piloto Británico de Indycar (n. 1978). 2015 - Luciano García Alén, médico e etnógrafo galego (n. 1928).
Festas e celebracións Día Mundial da Alimentación Día Internacional do Xefe
Outros Santoral:
Os 366 días do ano
Categoría:Outubro