O 17 de outubro é o 290º día do ano do calendario gregoriano (291º nos anos bisestos). Quedan 75 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1066 - Batalla de Hastings, Inglaterra. Os normandos vencen aos anglosaxóns e inician a conquista de Inglaterra. 1610: o rei francés Lois XIII é coroado en Reims. 1777 - Batalla de Saratoga, no contexto da Guerra da independencia americana. 1912 - Bulgaria, Serbia, Grecia e Montenegro declaran a guerra a Turquía. 1919 - O rei Afonso XIII inaugura a primeira liña do Metro de Madrid, entre Puerta del Sol e Cuatro Caminos (3,48 km e 8 estacións) Urbanrail.com e Calendario 2014 MUNCYT.. 1971 - Lanzamento do satélite artificial estadounidense ASTEX. 1993 - O PP gaña as eleccións autonómicas de Galicia. 1998 - O ex ditador chileno Augusto Pinochet é detido en Londres por orde do xuíz Baltasar Garzón.

Nacementos miniatura|100px|Marqués de Sargadelos 1749 - O Marqués de Sargadelos, industrial ilustrado. 1886 - José María Mosqueira Manso, mariño, biólogo e historiador galego (m. 1968). 1909 - Joaquín Satrústegui, avogado e político español. 1915 - Arthur Miller, dramaturgo norteamericano. 1918 - Rita Hayworth, actriz norteamericana. 1920 - Miguel Delibes, novelista español. 1920 - Montgomery Clift, actor norteamericano. 1924 - António Ramos Rosa, poeta portugués (m. 2013). 1939 - Amancio Amaro, exfutbolista galego. 1983 - Felicity Jones, actriz inglesa.

Mortes miniatura|100px|Santiago Ramón y Cajal 1849 - Frédéric Chopin, compositor. 1934 - Santiago Ramón y Cajal, médico español (n. 1852). 1973 - Ingeborg Bachmann, escritora austríaca.

Santoral Santo Ignacio de Antioquía mártir. Ano 107. O primeiro en chamar "católica" á Igrexa de Cristo.

Festas e celebracións Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

Outros

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Outubro