O 20 de outubro é o 293º día do ano do calendario gregoriano (294º nos anos bisestos). Quedan 72 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|200px|Exército Vermello 1536: Dinamarca declara ilegal a Igrexa Católica. 1548: O capitán español Alonso de Mendoza funda a cidade da Paz, capital de Bolivia. 1740: María Tareixa sobe ao trono de Austria. 1803: O Senado dos Estados Unidos ratifica a incorporación de Luisiana. 1827: Batalla de Navarino: unha frota combinada turco-exipcia é destruída por unha forza naval aliada de navíos británicos, franceses e rusos, no porto de Navarino, en Pilos, Grecia. A independencia de Grecia fica afirmada. 1896: Italia renuncia ao protectorado sobre Abisinia. 1929: Estrea do pasodobre Ponteareas, composto polo compositor galego Reveriano Soutullo en honra da súa localidade natal. 1944: O Exército Vermello ruso toma Belgrado, capital de Iugoslavia. 2005: Santiago Carrillo, ex-dirixente do PCE, é investido doutor honoris causa na Universidade Autónoma de Madrid pola súa participación na transición española. 2011: En España, a organización terrorista vasca ETA anuncia o cesamento definitivo da súa actividade armada.
Nacementos miniatura|100px|Alphonse Allais thumb|100px|Kamala Harris miniatura|100px|Snoop Dogg miniatura|100px|Dannii Minogue 1784 - Henry Temple, primeiro ministro británico (m. 1865). 1820 - Manuel Becerra Bermúdez, matemático e político galego (m. 1896). 1854 - Arthur Rimbaud, poeta francés (m. 1891). 1854 - Alphonse Allais, escritor normando (m. 1905). 1859 - John Dewey, filósofo estadounidense (m. 1952). 1878 - Arthur Scherbius, enxeñeiro electrónico alemán que inventou e patentou a Máquina Enigma (m. 1929). 1882 - Béla Lugosi, actor húngaro (m. 1956). 1891 - James Chadwick, físico británico, Premio Nobel de Física (m. 1974). 1892 - Jomo Kenyatta, presidente de Kenya (m. 1978). 1903 - Victoriano Marcos Alonso, político e militar galego (m. 1958). 1904 - Manuel Fernández Fernández, sindicalista e político galego (m. 1993). 1927 - Abel Santamaría, revolucionario cubano (m. 1953).
1928 - Daniel Nathans, microbioloxista norteamericano (m. 1999). 1942 - Christiane Nüsslein-Volhard, bióloga alemán, Premio Nobel. 1946 - Elfriede Jelinek, escritora austríaca, Premio Nobel de Literatura. 1949 - Kathleen March, filóloga e hispanista norteamericana. 1958 - Viggo Mortensen, actor norteamericano. 1964 - Kamala Harris, vice-presidenta estadounidense. 1966 - Abú Muzab al Zarqaui, terrorista, autoproclamado líder de Al Qaida en Iraq. (m. 2006) 1971 - Snoop Dogg, cantante de rap norteamericano. 1971 - Dannii Minogue, cantante e actriz australiana, filla de Kylie Minogue.
Mortes miniatura|100px|Paul Dirac 1187 - Urbano III, Papa. 1740 - Carlos VI de Alemaña, emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico (n. 1711). 1821 - Félix de Azara, militar e naturalista español que describiu máis de 200 novas especies animais en Suramérica (n. 1742). 1920 - Max Bruch, compositor alemán (n. 1838). 1935 - Arthur Henderson, político escocés, premio Nobel da Paz (n. 1863). 1964 - Herbert Hoover, presidente dos Estados Unidos (n. 1874). 1980 - Robert Whittaker, zoólogo norteamericano (n. 1920). 1984 - Carl Ferdinand Cori, bioquímico norteamericano, Premio Nobel (n. 1896). 1984 - Paul Dirac, matemático e físico británico, Premio Nobel de Física (n. 1902). 1987 - Andrei Nikolaevich Kolmogorov, matemático ruso (n. 1903). 1994 - Burt Lancaster, actor norteamericano (n. 1913). 2011 - Muammar al-Gaddafi, xefe de Estado de Libia dende 1969 até 2011 (n. 1942). 2017 - Federico Luppi, actor arxentino (n. 1937).
Festas e celebracións Día do Poeta Día Mundial da Osteoporose Día Internacional da Paisaxe Materia de Bretaña - Día da Dama do Lago, que tería dado a espada Excalibur para o Rei Artur
Santoral Santa Aurora. San Cornelio, centurión. Santa Irene de Portugal, mártir. Santa Matrona.
Outros
Os 366 días do ano
Categoría:Outubro