Tatjana Aparac-Jelušić, nada en 1948, é unha bibliotecaria e profesora de biblioteconomía croata. Retirouse deixando o seu posto como profesora no departamento de biblioteconomía da Facultade de educación da Universidade de Osijek. Tamén foi profesora no departamento de ciencias da información na facultade de Humanidades da Universidade de Zagreb e no departamento homólogo da Universidade de Zadar.

Traxectoria Aparac-Jelušić naceu en 1948 en Osijek, onde rematou a educación básica. Mudouse a Zagreb, onde rematou a secundaria e graduouse na Facultade de Humanidades e Ciencias Socais da Universidade de Zagreb. En 1991 acadou o seu título de doutora en ciencias da información.

En 2006 gañou un premio para docentes en ciencias da información, o Thompson ISI's Outstanding Information Science Teacher of the Year, outorgado pola American Society for Information Science and Technology (ASIST). Foi a primeira non estadounidense que o recibía nos 26 anos de historia do premio.

É membro de numerosos comités organizadores de seminarios e conferencias a nivel nacional.Ten no seu haber máis de 60 publicacións profesionais publicadas e editou máis de 16 libros na área da biblioteconomía e a ciencia da información.

É editora da publicación: Velimir Deželić:Visionary and the Leader of the Croatian Librarianship in the First Decades of the 20th Century in Croatian Librarians.Vol. 3 (Hrvatski Knjižničari Knjiga 3.) escrita por Dora Sečić en 2014.Publicada pola Universidade de Zadar , Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais en Osijek. (Zadar University) (Faculty of Humanities and Social Sciences in Osijek)

Notas

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Osijek Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Zagreb Categoría:Profesores da Universidade de Zagreb Categoría:Profesores da Universidade de Zadar