A Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela é a Facultade onde se imparte a docencia da Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. O seu edificio está situado no campus Sur de dita Universidade, na praza do Seminario de Estudos Galegos, s/n.
Historia A Facultade creouse en 1857, e os seus estudos realizáronse no antigo Colexio de Santiago Alfeo (Fonseca),Barreiro Fernándex, Xosé Ramón (2003): Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. Siglo IX. Voumen II. Santiago de Compostela: USC. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 84-9750-269-8, pp. 338-339. compartindo este edificio coa Facultade de Medicina,USC. Facultade de Farmacia. Historia. até que nos anos 1920, coa influencia de Montero Ríos, comezou a construción do novo edificio para a de Medicina na rúa de San Francisco.
No século XXI construíuse o novo edificio da Facultade de Farmacia no Campus Sur.
Títulos impratidos As titulacións impartidas na Facultade son:USC. Facultade de Farmacia. Estudos. Dobre grao en Farmacia e en Óptica e Optometría Grao en Farmacia Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamento
Equipo de Goberno Na actualidade, o equipo de goberno da Facultade está integrado por:USC. Facultade de Farmacia. Equipo de Goberno. Decana: María Isabel Sánchez Mazo Vicedecana: Mª de los Reyes Laguna Francia Vicedecana: María Paz García Martínez Secretario: Perfecto Miguel Paseiro Losada
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Colexio de Santiago Alfeo Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Facultades en Santiago de Compostela Categoría:Farmacia