Dina Cuvata (oficialmente Dimo N. Dimchev, Димо Н. Димчев), nado en Dubrushana o 9 de xullo de 1952, é un escritor, tradutor e publicista arromanés.

Traxectoria Naceu nunha pequena aldea arromanesa do concello de Štip, en Macedonia do Norte. Estudou en Treili Shopati, Štip e fixo económicas na Universidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje. Traballou nunha fábrica de Skoje e presentou en 1995 os primeiros programas en arromanés en Radio Macedonia. Membro dende 1992 da Asociación de Escritores de Macedonia. Fundador e presidente da "Unia ti cultura-a Armãnjlor dit Machidunii"Vulcan Petru, "Transpuniri: Dina Cuvată, editura Cartea Aromână", Armăna, 1996, pp. XIV-XVI.. Actividade literaria Comezou publicando poesía e relatos en arromanés en diversas publicacións de Macedonia, Romanía ou Albania. Colletou e publicou obras do folclore arromanés, realizou escolmas de literatura arromanesa. Traduciu a Homero, Virxilio, Ferdowsi ou O Cantar de Roldán.

Obras Carabeu, lai, Carabeu, Bucarest, 1985 (antoloxía de poesía arromanesa) Voi, Armanj-Machidunits, 1989 (antoloxía de folclore arromanés) Zghic di Moarti - Editura Cartea Aromãnã, 1989. Sãrmãnitsa (prosa curta) – Editura Cartea Aromãnã, 1990. Dimãndarea pãrinteascã, con Constantin Belemace , Editura Cartea Aromãnã, 1990. Sãmta umuti: puizii, Editura Orient-Occident, 1993. Abetsedar Armãnescu, con Mitra Garofil, e Dionisii Papatsafa, Sammarina, 1994. Cãntarea-a Cãntãrlor, Editura Orient-Occident, 1996. Scumpã-i dada, Shtip, 1996. Armãnã,  con Petru Vulcan, Editura Cartea Aromãnã, 1996. Iazmatar: armãnipseari, Kiro Dandarot, 2000. Picurarlu Di La Pind : Antologhiea-a Puiziiljei Armãneascã, Sec. XIX Shi XX, Unia ti cultura-a Armãnjlor dit Machidunii, 2001. Divina Comedii, Dante, 2001. Scriitori armãneshtsa = Aromanski pisateli = Wlachs writers, Scopia: Unia ti cultura-a Armãnjlor dit Machidunii, 2001. Bibliea: Sãmta Scripturã, Uniea ti cultura-a Armãnjlor dit Machidunii, 2004.  Bat cãmbànjli, 2009 (poesía)

Notas

Categoría:Escritores en lingua arromanesa Categoría:Tradutores do italiano Categoría:Nados en Macedonia do Norte Categoría:Nados en 1952 Categoría:Tradutores da Biblia Categoría:Personalidades da radio Categoría:Alumnos da Universidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje