miniatura|200px|Porta do Hospital de San Roque. A Real Academia de Farmacia de Galicia é unha institución creada pola Xunta de Galicia o 1 de xullo de 2004, coa finalidade primordial de acadar mellores resultados no desenvolvemento e na difusión das ciencias farmacéuticas dentro de Galicia.Decreto 156/2004, do 1 de xullo, polo que se acorda a creación da Academia de Farmacia de Galicia .

A Academia ten a súa sede no |Antigo Hospital de San Roque, na rúa de San Roque, nº 2, de Santiago de Compostela.Contacto Web da Real Academia de Farmacia de Galicia.

Antecedentes Ten a súa orixe na transformación da "Sección Galicia" da Real Academia Nacional de Farmacia de España, que fora creada o 4 de novembro de 1992.Antecedentes fundacionales . Discurso pronunciado o 22 de febreiro de 2006 por Jesús Izco Sevillano, primeiro presidente, con motivo da presentación pública da Academia de Farmacia de Galicia .

Finalidade Os fins da Academia de Farmacia de Galicia son:Artigo 4º do Decreto 156/2004, do 1 de xullo, polo que se acorda a creación da Academia de Farmacia de Galicia. "Estatutos da Academia de Farmacia".Fines Web da AGF. O fomento da investigación e estudo das ciencias farmacéuticas e das ciencias relacionadas coa farmacia. Asesoramento aos órganos públicos oficiais naqueles campos que lle son propios. Asesoramento ás institucións privadas que llo soliciten, baixo as condicións que a propia Academia estime convenientes. Elaboración de estados e informes sobre materias relacionadas coa profesión farmacéutica e as súas actividades. Fomento das relacións con outras institucións análogas. Creación e conservación de fondos materiais e documentales relacionados coa docencia, a investigación e a profesión farmacéutica. Divulgación científica e formación permanente dos profesionais da farmacia. Recoñecemento mediante premios, diplomas ou distincións das actividades que redunden en beneficio da farmacia e da propia Academia

Académicos Académicos de número, por orde de elección.Académicos de número Web da AGF.

Benito Regueiro Varela (Falecido o 13-11-2001) Carmen Álvarez Lorenzo Jesús Izco Sevillano (Académico de número emérito desde 2015) José Maria Calleja Suárez (Académico de número emérito desde 2017) José Luis Vila Jato (Falecido o 21-10-2011) Alicia Estévez Toranzo Francisco Díaz-Fierros Viqueira (Académico de número emérito desde 2016) Enrique Raviña Rubira (Académico de número emérito desde 2015) José Miñones Trillo (Académico de número emérito desde 2014) Isaac Gabriel Arias Santos (Académico de número emérito desde 2017) Juan Jesús Gestal Otero Manuel Puga Pereira María Tarsy Carballas Fernández (Académica de número emérita desde 2009) Jorge Barros Velázquez Nicanor Floro Andrés Rodríguez Ramón Martínez Pacheco Jesús Ángel Simal Lozano Germán Bou Arévalo (Académico de número emérito desde 2013) Ángel Concheiro Nine María Isabel Cadavid Torres María Josefa Alonso Fernández Franco Fernández González Tomás González Villa Alberto Cepeda Sáez María Cristina Arias Fernández Pablo Díez Baños

María Isabel Loza García

Soledad Muniategui Lorenzo Ángel Carracedo Álvarez

Académicos de honra Juan Manuel Reol Tejada Francisco Jose Ayala Pereda.Académicos de honor Web da AGF.

Galería de académicos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Web da Academia Galega de Farmacia