Unha vaga de calor é un fenómeno meteorolóxico consistente en temperaturas anormalmente altas, tanto as diúrnas como as nocturnas, que pode prolongarse días ou semanas. Estas cálidas temperaturas poden vir acompañadas por unha forte humidade nas zonas de clima oceánico, o que aumenta a sensación de calor facéndoa aínda máis sufocante. Adoita producirse no verán e constitúe un risco para a poboación porque é un dos fenómenos climáticos que máis mortes provoca.

Repercusións Aumento dos incendios Mortes por hipertermia e golpes de calor Seca se a duración é longa Aumento da contaminación do aire Diminución da auga potable en zonas subdesenvolvidas

Véxase tamén Outros artigos Vaga de calor europea de 2003

Categoría:Vagas de calor