Arnoldus Johannes Hubertus Aerts, nado en Swolgen (Limburgo, Países Baixos) o 3 de febreiro de 1880 e finado o 30 de xullo de 1942, foi un misioneiro católico neerlandés, vigairo apostólico da Nova Guinea Neerlandesa dende 1920 até o seu pasamento.

Traxectoria O 8 de setembro de 1900 profesou como membro dos Misioneiros do Sagrado Corazón, e o 6 de agosto de 1905 foi ordenado sacerdote. O 20 de xullo de 1920 foi nomeado bispo titular de Apollonia, e o 28 de agosto vigairo apostólico da Nova Guinea Neerlandesa. Recibiu a congración episcopal o 30 de novembro do mesmo ano de mans do bispo de 's-Hertogenbosch Arnold Frans Diepen. Finou no cargo o 30 de xullo de 1942.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1880 Categoría:Nados en Limburgo, Países Baixos Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Indonesia Categoría:Bispos católicos dos Países Baixos Categoría:Relixiosos católicos dos Países Baixos Categoría:Misioneiros do Sagrado Corazón Categoría:Finados en 1942