Gertrude Margaret Lowthian Bell, nada en Washington (condado de Durham, Inglaterra), o 14 de xullo de 1868Johnson (2007), p. 10O'Brien (2000), p.4 e finada en Bagdad (Mandato británico de Mesopotamia) o 12 de xullo de 1926, foi unha escritora, viaxeira, arqueóloga, espía e funcionaria do goberno británico. Realizou múltiples viaxes por Oriente Medio, Suíza e dúas viaxes ao redor do mundo en 1897-1988 e 1902-1903. Foi a primeira muller en recibir un premio da Royal Geographical Society e a primeira muller que chegou a oficial na intelixencia militar británica.
Recoñécese, de xeito xeral, que ela mais Lawrence de Arabia foron os principais instigadores do levantamento árabe durante a primeira guerra mundial que rematou coa instalación da dinastía Haxemita en Xordania e Iraq. Ao remata-la guerra, ela estableceu as fronteiras de Mesopotamia e incluíu as tres vilaias (ou wilayas) que deron lugar ao Iraq actual.
Traxectoria Antecedentes familiares Gertrude Bell naceu nunha familia moi influente de industriais británicos. O seu avó, por parte de pai era Sir Lowthian Bell, cofundador e copropietario dunha empresa en Northumbria que produciu un terzo das necesidades de ferro de Gran Bretaña na década de 1870. Sir Bell non só foi un dos industriais máis ricos de Gran Bretaña senón tamén un respectado científico que recibiu a medalla de ouro Bessemer e foi membro da Royal Society, entre outras. No seu salón aparecían, de cando en vez, figuras relevantes coma Charles Darwin, Thomas Huxley, o reformador social John Ruskin e o artista William Morris e chegou a ser membro do Parlamento polo Partido Liberal de Benjamin Disraeli
O pai de Gertrude Bell, Thomas Hugh Bell, era o fillo máis vello de Lowthian Bell e tamén recibiu unha formación completa. Estudou química na Sorbona en París; en Alemaña química orgánica e matemáticas. Cando regresou ao Reino Unido, paseniñamente asumiu o liderado do imperio creado polo seu pai e foi un capitalista progresista e propietario de fábricas nas que procurou que os seus traballadores recibiran unha paga xusta e coidados.Howell (2008), pp. 33-34 Tamén participou na política no eido da educación e da saúde dende o punto de vista liberal.
En 1867, casou con Mary Shield, filla dun comerciante, que morreu en 1871, pouco despois do nacemento do segundo fillo, Maurice Bell. Daquela Gertrude tiña tres anos e foise achegando a seu pai, con que consultou varios asuntos políticos en diferentes momentos da súa vida. En 1876, Thomas Bell, volveu casar coa escritora Florence Ollife, coa que Gertrude desenvolveu unha próxima e íntima relación, mantendo unha estreita con ela até o final da súa vida. Tamén se levou ben cos seus tres irmáns que naceron posteriormente. As actividades de Florence Bell coas esposas dos traballadores do ferro de Bolckow Vaughan en Eston, preto de Middlesbrough, puideron influír na posterior conduta de Gertrude a prol da promoción da educación das mulleres iraquís.O'Brien (2000), pp. 5-6
Educación e mocidade Florence Ollife, do mesmo xeito que Thomas Hugh Bell, era progresista e mandaron a emprendedora Gertrude en 1884 ao Queen's College, unha escola para nenas en Londres. Daquela, era unha conduta pouco usual pois as nenas da súa clase social adoitaban ter titores privados.
Aínda foi máis estraño que seus pais a mandasen en 1886 a estudar a Oxford: "Polo menos quero saber que podo facer unha cousa dende cero. Síntoo por esta aprendizaxe diletante. Quero mergullarme en algo", explicoulle a seu pai.Bell (1993), p.12 Gertrude Bell ingresou, con dezaseis anos, no instituto Lady Margaret Hall da universidade de Oxford a pesar de que na sociedade vitoriana, a presenza da muller na universidade non estaba ben vista, mais o Margaret Hall estaba moi separado da cidade e da universidade, o que implicaba que, en realidade, estaba segregado da universidade e, ademais, as mulleres non podían acudir á biblioteca da universidadeO'Brien (2000), p. 7. Ela mailas súas compañeiras participaron só como estudantes invitadas e, xeralmente, estaban acompañadas por un titor. En 1888, xusto antes de cumpri-los vinte anos, rematou os estudos de historia moderna en dous anos e foi a primeira muller en recibir a máis alta distinción.Bell (1993), p.13 Porén, ao título mantiña a forma masculina pois non foi até 1920 que Oxford tratou as mulleres en igualdade cós homes.
Primeiras viaxes (1888-1899) Dende finais de 1888 e 1889 viaxou por Bucarest e despois a Constantinopla, onde coñeceu importantes personalidades. Ao volver a Londres non se sentía atraída pola vida social e, dada a súa educación e experiencias, tampouco atopaba un pretendente que a interesase. As cartas enviadas á Florence Ollife demostran que Gertrude sabía que ía camiño dunha existencia social marxinal e que permanecería solteira.Wallach (1999), p. 66
Primeiras viaxes a Oriente No outono de 1892 comezou a aprender persa e na primavera de 1893, acompañando á súa tía Mary Lascelles marchou a Teherán, onde seu tío, sir Frank Lascelles, era o embaixador británico na corte do Sha Nasseredin.
Ao chegar, quedou baixo a custodia do secretario da embaixada, Gerald Cadogan, con que comezou a coñecer o deserto e a poesía árabe e de quen namorou. Cando informou á familia que pensaba casar con el, o pai negouse absolutamente pois chegáranlle novas de que era un xogador con débedas que andaba á procura dunha rica herdeira.O'Brien (2000), p. 9 En 1894 aparece o seu libro Persian pictures (reimpreso en 2005) no que relata as súas experiencias.
Alpinismo En 1899 e 1904, para esquecer a experiencia anterior, dedicouse a facer montañismo nos Alpes. Probabelmente, foi a primeira persoa de nacionalidade británica en ascender a Meije, en 1900 o Drus, e en 1901, cos seus guías Ulrich e Heinrich Fuhrer, conseguiu a primeira ascensión por sete sendeiros no Engelhöner, unha pequena montaña nos Alpes do cantón de Berna. Un destes picos, Gertrudspitze (2 632 m), foi denominado así no seu honor despois de ser cruzado por ela e mailos seus guías. Porén fracasou na conquista, en 1902, da cara nordeste de Finsteraarhorn, cando as inclemencias do tempo como a neve, a sarabia e unha tormenta con raios obrigaron a pasar "corenta e oito horas na corda" cos seus guías, aferrándose á rocha en terribles condicións que estiveron a piques de lles costa-la vida.O'Brien (2000), p. 10 Este feito foi descrito por John Percy Farrarcomo coma unha das máis grandes aventuras nas expedicións dos Alpes.
Arqueóloga Continuou coas viaxes por Oriente, en concreto, por Palestina, Siria e Arabia (que cruzou seis veces) e publica un segundo libro: Syria, the desert and the sown. Neste libro describiu, fotografou e detallou a súa viaxe ás vilas e cidades da Gran Siria, como Damasco, Xerusalén, Beirut, Antioquía e Alexandreta. As pormenorizadas descricións contribuíron a abrir os desertos árabes ao mundo occidental.
A partir de 1905 participa en campañas de investigación arqueolóxica xunto co arqueólogo británico sir William Ramsay,Johnson (2007), p.18 participou na escavación de igrexas cristiás primitivas en Asia Menor. As escavacións en Binbirkilise foron narradas en A Thousand and One Churches.Cohen (2006), p. 167 Aínda que esta obra aparece co nome de Ramsay en primeiro lugar, este escribiu 80 páxinas mentres Gertrude Bell escribiu 460 e se converteu nun libro de referencia para coñecer os monumentos bizantinos en Asia Menor e as primeiras igrexas cristiás.Cohen (2006), p. 168
Ao volver a Inglaterra, decidiu escribir sobre as súas experiencias e de aí naceu, en 1906, The Desert and the Sown. Posteriormente, na Royal Geographical Society realizou cursos de topografía, cartografía e astronomía. miniatura|Traballadores de Gertrude Bell nas escavacións de igrexas bizantinas en Binbirkilise (Turquía, 1907) En 1907, volveu con Ramsay a Turquía onde descubriron un campo de ruínas no norte de Siria, na beira oriental do curso superior do Éufrates, até a empinada ladeira do antigo val do río. Elaborou un plano e describiu as murallas e os arredores fortificados de Mumbayah (actual Munbaqat) «onde se montaron as miñas tendas e onde o nome árabe significa literalmente "lugar elevado"; era probablemente o Bersiba da lista de nomes establecida por Ptolomeo. Este lugar componse dun dobre terraplén situado sobre a ribeira do río». Alí coñeceu a Charles Doughty-Wylie, vicecónsul británico en Konia, con que anos despois tería unha relación sentimental.Morató (2012)
En xaneiro de 1909, visitou Mesopotamia e chegando preto de Bagdad descubriu as ruínas do palacio de Ukhaidiry do que realizou os planos; finalmente estivo en Babilonia e Najaf. En 1911, de novo en Mesopotamia, decidiu volver á cidade hitita de Carquemis, a visitar o arqueólogo, e amigo, David G. Hogarth, e alí coñeceu a outros dous arqueólogos: Reginald Campbell-Thompson e ao seu asistente, T.E. Lawrence (coñecido posteriormente como Lawrence de Arabia).
Gertrude Bell calculou mal a localización de Bersiba, pero identificou, pola toponimia do lugar, a significación do nome deste promontorio en ruínas, participando no descubrimento desta cidade oriental. Nun rectángulo de gran dimensión atópanse as ruínas dunha cidade moi fortificada, á que fan referencia documentos e estudos elaborados en 1964, cando se inspeccionou esta zona. En 1968 a sociedade alemá Deutsche Orient solicitou o permiso de escavación do montículo de ruínasAlfred Werner Maurer : Mumbaqat 1977, Bericht über die von der Deutschen Orient-Gesellschaft mit Mitteln der Universität Saarbrücken unternommene Ausgrabung. Philologus Verlag, Bâle, 2007.
Liga anti-sufraxistas En novembro de 1908, fundouse en Londres a Women's National Anti-Suffrage League (en galego: Liga Nacional de Mulleres contra o sufraxio). A súa primeira presidenta foi a popular novelista, Mary Ward e Gertrude Bell foi secretaria honoraria. Os líderes desta Liga defendían que a maior parte das mulleres inglesas non querían votar e, de feito, alertaban sobre os perigos de facelo. Os seus argumentos foron que, mentres as mulleres cresen que o seu sitio estaba na cociña e no dormitorio, non poderían formar parte do debate político e serían totalmente incapaces de tomar parte nas decisións sobre a forma na que a nación debía ser gobernada.
Primeira guerra mundial e carreira política
Misión no Medio Oriente En 1913, completou a súa derradeira e máis importante viaxe por Arabia, viaxando case 1 800 millas dende Damasco até Hail e, de volta, a través da península arábiga até Bagdad e, de novo, Damasco. O obxectivo era coñecer e entrevistarse cos dous maiores xefes tribais da península: Ibn Rashid (apoiado polos turcos) e Ibn Saud (contrario aos turcos), para avaliar unha posible alianza cos británicos contra os turcos. Ela foi a segunda muller estranxeira en percorre-la zona despois de que o fixese Lady Anne Blunt (neta de Lord Byron) en 1878.Howell (2007), pp. 218-219miniatura|Harry S. Philby ambientado con roupas árabes. Cando se declarou a guerra, Gertrude Bell solicitou ser enviada a Oriente Medio, o que lle foi denegado. Entón presentouse voluntaria na Cruz Vermella francesa. Porén, en novembro de 1915, foi convocada pola Arab Bureau, (en galego, Oficina Árabe) recentemente creada no Cairo (Exipto) e dirixida polo Xeneral Gilbert Clayton, e alí reencontrouse, de novo, con Lawrence.Howell (2007), pp. 160-161