Kamelot é un grupo de power metal orixinario de Tampa, Florida, formado por Thomas Youngblood e Richard Warner en 1991. O vocalista noruegués Roy Khan uniuse a eles para o álbum Siége Perilous e compartiu créditos de composición xunto a Youngblood ata a súa saída do grupo en abril de 2011. O 22 de xuño de 2012 Youngblood anunciou na páxina web do grupo que o novo vocalista do grupo sería o sueco Tommy Karevik, cuxo primeiro disco co grupo foi Silverthorn como vocalista, co-compositor e autor das letras.
A data de 2018 Kamelot levaba publicados doce álbums de estudio, dous álbums de directo, un DVD de directo e dezanove vídeos musicais. O seu último álbum de estudio foi The Shadow Theory, publicado en abril de 2018 baixo o selo Napalm Records.
Membros Membros actuais Thomas Youngblood – guitarra, coros (1991–) Oliver Palotai – teclado (2005–) Sean Tibbetts – baixo (1991–1992, 2009–) Tommy Karevik – voz (2012–) Johan Nunez – batería (2018–)
Antigos membros Mark Vanderbilt – voz (1991–1998) Richard Warner – batería (1991–1997) David Pavlicko – teclado (1993–1998) Glenn Barry – baixo (1992–2009) Roy Khan – voz (1998–2011) Casey Grillo – batería, percusión (1997–2018)
Liña temporal
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Eternity 1995 Noise Records Dominion 1997 Noise Records Siége Perilous 1998 Noise Records The Fourth Legacy 1999 Noise Records Karma 2001 Sanctuary Records Epica 2003 Noise Records The Black Halo 2005 Steamhammer/SPV Ghost Opera 2007 Steamhammer/SPV Poetry for the Poisoned 2010 Edel AG/KMG Silverthorn 2012 Steamhammer/SPV Haven 2015 Napalm Records The Shadow Theory 2018 Napalm Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grupos musicais formados en 1991 Categoría:Grupos musicais de power metal Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais de metal sinfónico Categoría:Grupos musicais de Florida