Harry Edward Styles, nado en Holmes Chapel, Cheshire o 1 de febreiro de 1994, é un cantante e compositor británico máis coñecido como Harry Styles. Foi membro da boy band One Direction. Tras facer unha audición en The X Factor e ser aceptado, a xuíza Nicole Scherzinger suxeriu que Harry formase parte dun grupo chamado One Direction xunto con Zayn Malik, Niall Horan, Liam Payne e Louis Tomlinson. A creación do grupo fíxose realidade e os cinco foron apadriñados por Simon Cowell. A agrupación chegou á final do programa e quedaron no terceiro lugar. Aínda que non gañaron, Cowell pagou un contrato para que asinasen co selo discográfico Syco.

Cando mozo, formou unha banda chamada White Eskimo xunto aos seus amigos Haydn Morris, Nick Clough e Will Sweeney da Holmes Chapel Comprehensive School e gañaron un concurso realizado alí en 2009. Con todo, a agrupación disolveuse debido a que Harry fixo a audición para The X Factor e foi integrado en One Direction, aínda que afirmou que se manteñen en contacto por mensaxes de texto. Entre as súas influencias musicais, atópanse a banda Coldplay, o solista Elvis Presley e o actor David Hasselhoff. Na súa carreira con One Direction compuxo temas como «Taken», «Everything About You», «Same Mistakes», «Back for You» e «Summer Love», pertencentes aos álbums Up All Night e Take Me Home. Gañou por dous anos consecutivos o premio ao vilán do ano nos NME Awards. Styles fixo o seu debut no cinema no filme de Christopher Nolan Dunkerque (2017), que foi un grande éxito comercial.

Traxectoria 1994-2010: primeiros anos e audición en The X Factor Harry Styles naceu o 1 de febreiro de 1994 na vila de Holmes Chapel, situado en Cheshire, Reino Unido, baixo o nome de Harry Edward Styles. É fillo de Deas Styles e Anne Cox, e irmán máis novo de Gemma Styles. Os pais de Harry divorciáronse cando el tiña só sete anos e a súa nai comentou que sempre o apoiou en todo. Estudou na Holmes Chapel Comprehensive School, onde formou a súa propia banda chamada White Eskimo xunto aos seus amigos Haydn Morris, Nick Clough e Will Sweeney. En 2009, participaron na «Batalla de Bandas» e resultaron gañadores. Tamén traballou nunha panadaría durante un tempo. esquerda|miniatura|242x242px|Harry no Up All Night Tour en Toronto, Canadá, o 29 de maio de 2012. Aínda que sempre mostrou interese pola música, dixo que tamén lle gustaría ser avogado ou fisioterapeuta. Durante un tempo, tivo un traballo a media xornada nunha panadaría de Cheshire. En 2010, Harry fixo unha audición para The X Factor coa canción «Isn't She Lovely» de Stevie Wonder e resultou elixido. Por isto, a súa banda tivo que separarse. Porén, os amigos de Harry afirman que aínda se manteñen en contacto con el por medio de mensaxes de texto.

2010-presente: One Direction e bases de carreira como solista miniatura|Styles en 2014 durante a xira Where We Are Tour en Chile. Tras facer a audición para The X Factor, a xuíza Nicole Scherzinger suxeriu que Harry formase parte dun grupo chamado One Direction xunto con Liam Payne, Zayn Malik, Niall Horan e Louis Tomlinson. A creación do grupo fíxose realidade e os cinco foron apadriñados por Simon Cowell. Durante a competencia, a banda interpretou distintos temas como «My Life Would Suck Without You» de Kelly Clarkson e «Total Eclipse of the Heart» de Bonnie Tyler, o que os converteu nun dos favoritos para gañar o concurso. Con todo, quedaron no terceiro lugar, detrás de Rebecca Ferguson e o gañador Matt Cardle. A pesar de non gañar, Cowell pagou un contrato de dous millóns de libras para que One Direction asinase co selo discográfico Syco.

En 2011, lanzaron o seu primeiro álbum de estudio, Up All Night, que chegou ao número un do Billboard 200, o que converteu a One Direction no primeiro grupo británico que o conseguiu co seu primeiro álbum. O seu primeiro sinxelo, «What Makes You Beautiful», alcanzou o número un en Irlanda, México e o Reino Unido. Os sinxelos posteriores, «Gotta Be You», «One Thing» e «More than This», contaron cun éxito moderado, sendo exitosos nalgúns países, pero fracasos noutros. Para promover o disco, embarcáronse no Up All Night Tour e sacaron un DVD da xira, chamado Up All Night: The Live Tour.

En novembro de 2012, lanzaron o seu segundo álbum, Take Me Home. Este contou cunha recepción mellor á de Up All Night, xa que chegou ao número un no Reino Unido, sendo o primeiro disco do grupo que o logra. Tamén alcanzou o primeiro posto en Australia, Canadá, os Estados Unidos, Irlanda e Nova Zelandia. Os dous primeiros sinxelos deste disco, «Live While We're Young» e «Little Things», tiveron unha boa acollida. O primeiro, alcanzou o primeiro posto en Irlanda e Nova Zelandia, mentres que o segundo chegou ao primeiro posto no Reino Unido. O terceiro e último sinxelo, «Kiss You», fracasou en vendas na maioría dos países e non logrou posicións destacadas en comparación cos dous lanzamentos previos de One Direction. Por outra banda, xuntos iniciaron a súa segunda xira Take Me Home Tour, que percorreu catro continentes e ademais parte dela foi gravada para a súa primeira película documental dirixida por Morgan Spurlock, chamada This is Us.

Noutras actividades, realizaron unha mestura de «One Way or Another» de Blondie e «Teenage Kicks» de The Undertones chamada «One Way or Another (Teenage Kicks)», co fin de axudar a recadar fondos para a organización Cómic Relief. A finais de marzo, acabado o Take Me Home Tour, Harry decidiu viaxar aos Ánxeles, California, onde pasou parte do seu tempo compoñendo e gravando cancións nun dos estudios Paramount en Hollywood. Porén, amigos achegados do cantante afirmaron ao xornal Daily Mirror que a prioridade do cantante era One Direction e que non planeaba lanzar un disco proximamente. Logo, en abril, o representante de One Direction asegurou que non se atopaba traballando nun primeiro disco como solista, senón que simplemente estaba a expor novas ideas para o terceiro disco do grupo.

Vida persoal O cantante confesou que as súas maiores influencias son as bandas The Beatles, Coldplay, o solista Elvis Presley e o actor David Hasselhoff. Frecuentemente é coñecido pola imaxe de mullereiro que lle deu a industria, tendo gran número de noivas, entre estas, a presentadora Caroline Flack, a actriz Emily Atack, a modelo Emma Ostilly e a cantante de country Taylor Swift. No entanto, rumoreouse que era homosexual ou bisexual, debido a que supostamente mantiña unha relación con Louis Tomlinson, outro membro de One Direction no que admite ter un crush. Respecto diso, Louis declarou que ao principio era un tema divertido, pero que agora é difícil de tratar xa que supostamente estaba saíndo con Eleanor Calder, unha estudante da Universidade de Manchester. Tamén engadiu que el e Harry son agora mesmo bos amigos, mentres que Harry, pola súa banda, só declarou que unha inconformidade con poñer etiquetas á súa orientación e identidade. Por outra banda, o cantante dixo que sofre de ofidiofobia (medo ás serpes) e o seu lema é «traballar duro, xogar duro, ser amable».

En canto ás súas múltiples relacións, díxose que a maioría foron de carácter comercial. A súa relación con Caroline Flack atraeu a atención de varios medios xa que a diferenza de idade entre ambos era bastante grande. Igualmente, en xaneiro de 2013, tras a ruptura de Harry e Taylor Swift, houbo un aumento na venda dos boletos para a segunda xira de One Direction, o que moitos xornais interpretaron como unha estratexia comercial.

Discografía Harry Styles (2017) Fine Line (2019) Harry’s House (2022) Kiss All the Time. Disco, Occasionally. (2026)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Cheshire Categoría:Nados en 1994 Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Cantantes de Inglaterra