Lūcija Ločmele, nada en Cēsis en 1951, é unha directora de cine letoa.
Traxectoria
Lūcija Ločmele gradúase na Escola Secundaria de Riga en Artes Aplicadas no ano 1970 e pola Facultade de Cine e Televisión na especialización en Dirección dentro do Instituto dos Estados da Unión para a Cinematografía no ano 1980. Traballou como figurino no Teatro Estatal para a Ópera de Riga. Tomou parte no movemento teatral afeccionado liderado por Robert Liger, autodenominado "Riga Pantonite". Traballou no Riga Film Studio. En 1991, deixa o Film Studio por unha nova posición na televisión onde dirixe historias curtas e episodios de seriais. O seu traballo como directora de longametraxes data de 1983. No ano 1986 recibe o premio a mellor director e a mellor filme no prestixioso festival letón Great Kristaps pola súa película "Saulessvece", conformando o récord de obtención deste premio co maior número de competidores da historia do festival, un total de 27 nomeamentos acadaron a fase final aquel anoLūcija Ločmele . Desde o 1992 a 1996 forma parte da dirección da canle letoa TV 4. É membro da Unión de Cineastas desde 1989 e membro do club de Directores de Cine de Riga.Lūcija Ločmele
O problema do alcolismo ou a adolescencia son temas preponderantes no seu cinema.
Filmografía Longametraxes 1981 — "Rudais terorists" — dirección e guión 1983 — "Laika prognoze augustam" — dirección 1986 — "Saulessvece" — dirección 1988 — "Svešais" — dirección Notas
Véxase tamén Lūcija Ločmele en IMDb
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Letonia Categoría:Directores de cinema de Letonia