O paíño da Madeira ou paíño chuchagraxas (Hydrobates castro), é unha especie de ave mariña procelariforme da familia Hydrobatidae propia das zonas cálidas e temperadas dos océanos Atlántico e Pacífico.
Descrición
O paíño da Madeira mide de 19 a 21 cm e ten unha envergadura de 43 a 46 cm. Pesa entre 44 e 49 g. A súa coloración xeral é escura e ten unha banda branca na rabadilla e a súa cola está lixeiramente bifurcada. É similar ao paíño de rabo gallado, pero este ten a cola máis bifurcada e a súa mancha branca é de distinta forma e esténdese máis cara aos lados.
Taxonomía Clasifícase no xénero Oceanodroma, o de máis especies da familia dos paíños, Hydrobatidae. Os paíños son os membros máis pequenos da orde Procellariiformes, e integran unha das súas catro familias principais, xunto a Diomedeidae (albatros), Procellariidae (pardelas) e Pelecanoididae.Frank Gill e David Donsker. Loons, penguins, petrels. IOC World Bird List versión 5.4. Os procelariformes son aves mariñas que se caracterizan por ter bicos con tubos nasais sobresaíntes e ás longas e estreitas, que lles permiten voar planeando sobre o mar longas distancias.
O paíño da Madeira foi descrito polo naturalista inglés Edward Vernon Harcourt en 1851,Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Procellariiformes co nome de Thalassidroma castro.Harcourt (1851), A sketch of Madeira, p.123 Posteriormente foi trasladado ao xénero Oceanodroma, creado por Ludwig Reichenbach en 1853. Non se recoñecen subespecies diferenciadas do paíño da Madeira. O nome do xénero é a combinación dos termos gregos Ώκεανός (ōkeanós) 'océano' e δρόμος (dromos) 'corredor', facendo referencia ao costume de peneirar sobre a superficie do mar tocando a auga coas patas de modo que parece camiñar. O seu nome específico procede do termo usado na illa de Madeira «roque de castro» para referirse a esta ave.Jobling, James A. (2010) Helm Dictionary of Scientific Bird Names, 2ª ed., Christopher Helm, Londres. p. 93 y 279
Reprodución miniatura|Ovo desta ave.
Cría unicamente nas illas das zonas temperadas dos océanos Atlántico e Pacífico, o que comprende os Azores e Madeira no Atlántico e as Galápagos no Pacífico. Aniña en colonias preto do mar no interior de ocos e gretas das rochas. Poñen soamente un ovo branco.
Aínda que se reproducen durante todo o ano en recentes investigacións descubriuse que existen dúas poboacións que usan os mesmos sitios de nidificación en diferentes estacións, con picos de nidificación en primavera e outono. Ademais as dúas poboacións presentan diferenzas nas súas vocalizacións e épocas de muda da plumaxe.
Comportamento e alimentación
Fóra da tempada de cría permanece en mar aberto. Aliméntase peteirando a superficie da auga para atrapar as súas presas, que son invertebrados, pequenos vertebrados e algunhas veces prea. Ocasionalmente mergúllase a pouca profundidade, a uns 40 a 120 cm por debaixo da superficie. Rexistrouse unha profundidade máxima de 170 cm pero podería estar errada por defectos no equipo de medición.Bried, Joël (2005): Diving Ability of the Madeiran Storm Petrel. Waterbirds 28(2): 162-166. DOI:10.1675/1524-4695(2005)028[0162:DAOTMS]2.0.CO;2 HTML abstract
Este paíño achégase ao seu lugar de nidificación unicamente pola noite para evitar os ataques predatorios das gaivotas e papamerdas, evitando achegarse a terra mesmo en noites claras de lúa chea. Como a maioría dos paíños e afíns, a súa capacidade de camiñar cando está en terra é limitada e restrínxese a desprazarse torpemente ao seu tobo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Paíño da Madeira en Aves de Madeira (en inglés). UMCP Galápagos 2004 - fotos das aves no mar.
Categoría:Hidrobátidos