Miriam Rodríguez Gallego, nada en Pontedeume o 30 de setembro de 1996, é unha cantante e compositora galega. Saltou á fama grazas á súa participación no concurso musical de Televisión Española Operación Triunfo. Despois do seu paso polo programa de televisión, asinou coa discográfica Universal e iniciou a súa carreira musical compondo e interpretando «Hay algo en mí», canción promocional da serie Vis a vis no seu salto a FOX España, na que máis adiante realizou un cameo. O seu segundo sinxelo foi «NO», xunto a Pablo López Jiménez, e o seu álbum debut, «Cicatrices», publicouse o 23 de novembro de 2018.

Traxectoria

Estudou bacharelato de Artes escénicas en Ferrol e posteriormente trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos de arte dramática e interpretación.

Empezou cantando en vodas e dando pequenos concertos en salas e bares de Galicia. Tamén participou na serie da televisión galega Serramoura. En 2013, con 17 anos, gañou o concurso Canta Ferrol. Tamén participou no musical Vivan os nenos e en concursos como Talentos Almeda e o Festival da canción de Xalleira. En 2016 publicou o seu primeiro sinxelo Me cansé de esperar, que realizou xunto ao actor Chechu Salgado.

Operación Triunfo En outubro de 2017 deuse a coñecer que era unha dos 18 seleccionados para entrar á Academia de Operación Triunfo. O 23 de outubro de 2017 pisou por primeira vez o escenario de Operación Triunfo, interpretando o tema «No te pude retener» de Vanesa Martín. Dita actuación permitiulle ser unha das 16 concursantes que entraban a formar parte da novena edición do talent musical.

Entre as súas actuacións máis importantes destacaron «Runnin» de Naughty Boy e Beyoncé que cantou xunto a Agoney na gala 1, «I Wanna dance With Somebody» de Whitney Houston que cantou na gala 8, e «What About Us» de Pink, tema que a clasificou para a final do concurso na gala 11.

Durante o transcurso do programa, a galega estivo proposta para abandonar a academia en diversas ocasións. A primeira foi na gala 4, onde cantou «La media vuelta» de Luís Miguel. Tamén na seguinte gala foi unha das 4 concursantes propostas para a expulsión, esta vez xunto ao seu compañeiro de dúo Luís Cepeda, co que cantou «Estoy hecho pedacitos de ti» de Antonio Orozco. Na gala 6 volveu a non convencer ao xurado coa súa interpretación do tema «Que te quería» da Quinta Estación. O seu último nomeamento foi na gala 9, na que cantou «Dramas y comedias» de Fangoria. A pesar diso, Miriam nunca estivo exposta á expulsión por parte do público, pois tanto os seus profesores como os seus compañeiros salvárona en todas as ocasións.

Na gala 11, Miriam clasificouse para a final do programa despois de interpretar «País Tropical» xunto a todos os seus compañeiros, «Cuando duermes» de Cómplices xunto a Alfred García, e «What About Us» de Pink en solitario. Miriam conseguiu 36 puntos dun máximo de 40, situándose así en segunda posición por detrás de Amaia Romero, que conseguiu a máxima puntuación. Na final do programa celebrada o 5 de febreiro, Miriam interpretou «Invisible» de Malú, canción coa que conseguiu entrar na final a tres xunto a Amaia Romero e Aitana. Na segunda volta, cantou «No te pude retener» de Vanesa Martín, tema co que se estreou no concurso. Tras as votacións, descubriuse que Miriam obtivera un 12 % do apoio do público, quedando así en terceira posición.

Candidatura a Eurovisión Ao ser unha das finalistas, optou a ser a representante española no Festival de Eurovisión celebrado en Lisboa en maio de 2018. Na gala de Eurovisión celebrada o 29 de xaneiro de 2018, cantou tres cancións coas que optaba a ser elixida como representante para ir a Eurovisión. Xunto aos seus compañeiros finalistas Amaia Romero, Ana Guerra, Aitana e Alfred García cantou unha versión do himno da edición «Camina», que só conseguiu un 1% dos votos. En dúo, xunto a Agoney, interpretou «Magia», tema composto por David Otero e o grupo Funambulista que conseguiu un 7 % do apoio do público. Finalmente, interpretou como solista o tema «Lejos de tu piel», de Steve Robson e adaptada por Funambulista que acaparou un 8% dos votos.

Xira Operación Triunfo Tras saír da academia de Operación Triunfo, Miriam, xunto aos seus compañeiros, embarcouse na xira do programa que a levou por diversas cidades españolas. Nos distintos concertos, a galega interpretou cancións corais xunto aos demais concursantes, o seu sinxelo "Hay algo en mi" sendo a primeira concursante en cantar unha canción propia, así como "Euphoria" de Loreen xunto a Thalía Garrido, e «What About Us» de Pink e "Invisible" de Malú en solitario.

Traxectoria tras OT En marzo de 2018, Miriam acudiu aos Premios Dial celebrados no Centro Internacional de Feiras e Congresos de Tenerife, xunto a algúns dos seus compañeiros de OT 2017.

Case tres meses despois do final do programa que lle deu visibilidade para o gran público, Miriam estreou o seu primeiro sinxelo «Hay algo en mi» composto por ela mesma. O devandito sinxelo formou parte da banda sonora da promoción da terceira tempada da serie Cara a cara da cadea FOX España. En apenas 3 días, o videoclip da canción obtivo máis dun millón de reproducións en YouTube. O 7 de novembro de 2018 participou no programa Lo siguiente de Televisión Española. O 9 de xaneiro de 2019 anunciou que sería a co-coach de Pablo López no programa La voz.

Vida persoal É filla de Ramón e Marité, e ten un irmán máis vello, Efrén.

Discografía

Álbums AnoTítuloProdutoraPosiciónVendas (España)2018Miriam Rodríguez: Sus cancionesData de publicación: 26/03/2018Universal Music59.000CicatricesData de publicación: 23/11/2018120.0002020La Dirección De Tu Suerte Data de publicación: 03/04/2020Universal Music102024Lineas Rojas Data de publicación: 23/02/2024Sony Music

Sinxelos AnoTítuloComposiciónPosición2018"Magia"David Otero e Funambulista65"Lejos de tu piel"Steve Robson (adaptada por Funambulista)58"Hay algo en mí"Miriam Rodríguez23"No"Miriam Rodríguez e Pablo López382019"Mejor sin miedo"Miriam Rodríguez2019"Más de lo que ves"Miriam Rodríguez2019"La diferencia"Miriam Rodríguez2020"Desperté"Miriam Rodríguez2020"No se quien soy"Miriam Rodríguez

Filmografía

Series de televisión Series de televisiónAnoTítuloPersonaxeCadeaNotas2016SerramouraIsabelTVG2 episodios2019Cara a caraPresa do coroFOX España1 episodio

Programas de televisión Programas de televisiónAnoTítuloPersonaxeCadeaNotas2017 - 2018Operación TriunfoConcursante (3ª finalista)A 117 programas2018Lo siguienteInvitadaA 11 programa2019La VozAsesora de Pablo LópezAntena 312 programas2020 La Voz 7 Adestradora en liñaAntena 312 programasLand RoberInvitadaTVG1 programa2021El concurso del añoConcursanteCuatro La Voz 8 Adestradora en liñaAntena 3 12 programas 2023 Tu cara me suena 10 Concursante 16 programas

Premios 2018 - Premio 'Girl Gang' nos Cosmo Awards (con Aitana, Amaia Romeu e Ana Guerra).Aitana, Amaia, Ana Guerra e Miriam Rodríguez, premiadas nos Cosmo Awards 2019 - Premio Cadea Dial.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Miriam Rodríguez en Universal España Ficha de Miriam Rodríguez en RTVE

Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Nados en 1996 Categoría:Concursantes de Operación Triunfo Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Cantantes en lingua castelá