Mar abierto é un filme galego de 1946 dirixido por Ramón Torrado.

Argumento A historia sitúase en Costa Nova, unha ficticia vila mariñeira de Galicia, e comeza coa anciá Carmiña (Maruchi Fresno), que se dispón a contarlle a historia da súa vida a un pintor (o propio Ramón Torrado). Conta que súa nai morreu sendo ela nena, e que seu pai, Andrés Vilar "O Touliño" (José María Lado) casou en segundas nupcias con Carlota (Calucha de Castroamor), unha forasteira da cidade, que logo o abandonou por un rico náufrago que Andrés atopara no mar. Anos máis tarde, nunha romaría, Carmiña coñece a Antonio (Jorge Mistral), e pouco a pouco vanse namorando sen ela saber que Antonio é fillo daquel home con quen fuxira a súa madrasta, deixando a Andrés só, amargado e arruinado.

Elenco

Maruchi Fresno como Carmiña. José María Lado como Andrés Vilar "O Touliño" Jorge Mistral como Antonio. Fernando Fernández de Córdoba como Juan Reboredo. Rosario Royo como Tía María. Xan das Bolas como Peirallo. Gabriel Algara. Félix Fernández como Paquito. Carlos Casaravilla como Don Alberto. Calucha de Castroamor como Carlota. Fernando Fresno. Fernando Aguirre. Maruja Hernández. Milagros Arín como Carmiña de nena.

Produción Foi unha produción de Suevia Films, do vigués Cesáreo González. O guión baséase nun argumento de Adolfo Torrado, irmán do director.

As escenas interiores foron rodadas nos estudos Sevilla Films, en Chamartín, mentres que as exteriores foron tomadas polo coruñés Andŕes Pérez Cubero en diversas localizacións de Galicia como Ourense ou a baía de Vigo. As cancións populares galegas que se cantan en varios momentos do filme como o casamento ou a romaría, foron interpretadas pola Coral de Ruada, de Ourense.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do filme en Filmaffinity (en castelán). Ficha do filme en IMDb (en inglés). Mar abierto en Historia de nuestro cine. (en castelán).

Categoría:Filmes de 1946 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de Suevia Films