María de las Nieves Loperena de Saá, nada en Baiona, é unha editora, fotógrafa, deseñadora, maquetadora, libreira e dinamizadora cultural galega.
Traxectoria É delegada en Galicia da editorial asturiana Nigra Trea. Como fotógrafa participou en varias exposicións e as súas imaxes apareceron en varios libros. Rexenta unha librería de vello de máis de 40 000 volumes, localizada nunha antiga escola unitaria no Castro de Gaxate, A Lama (de 2011 a 2016 en Sabarís, Baiona), O Mercado da tía Ni, así como unha librería móbil (a Furgolibro), periodicamente presente en varias feiras e outros eventos da xeografía galega.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Nigra Trea Ligazóns externas "Coñecemos a 'furgolibro' de Nieves Loperena" 11/3/2017, Televisión de Galicia.
Categoría:Nados en Baiona Categoría:Editores de Galicia Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Libreiros