miniatura|Ovo da especie. O furabuchos mediterráneo, ás veces pardela mediterránea, (Puffinus yelkouan) é unha especie de ave procelariforme da familia Procellariidae propia do Mediterráneo e mar Negro.

Descrición

O furabuchos mediterráneo é un furabuchos de tamaño medio, que mide de 34 a 39 cm de longo e ten unha envergadura de 78 a 90 cm. Ten a plumaxe das partes superiores anegrada e a das inferiores branca, e é moi parecida ao furabuchos atlántico, do que é moi difícil de diferenciar, aínda que non adoitan solaparse ns súas áreas de distribución. Ao contrario, si coincide en gran parte do Mediterráneo occidental coo furabuchos balear, pero diferéncianse algo mellor porque esta última non é tan escura nas partes superiores, e ademais ten os flancos manchados, o que fai que o contraste entre as partes superiores e inferiores sexa menor.

Ten unha chamada repetitiva e prolongada que soa como "aii-h iich".

Taxonomía e filoxenia

O furabuchos mediterráneo clasifícase no xénero Puffinus, que pertence á familia das pardelas (Procellariidae), unha das catro familias principais da orde Procellariiformes, xunto a Diomedeidae (albatros), Hydrobatidae (paíños) e Pelecanoididae.Frank Gill e David Donsker. Loons, penguins, petrels. IOC World Bird List versión 5.4. Os procelariformes son aves mariñas que se caracterizan por ter bicos con tubos nasais sobresaíntes e ás longas e estreitas, coas que voan planando sobre o mar longas distancias.

O furabuchos mediterráneo foi descrito cientificamente polo naturalista italiano Giuseppe Acerbi en 1827,Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Procellariiformes como unha subespecie do furabuchos atlántico, co nome de Puffinus puffinus yelkouan.Harrison, Peter (1988): Seabirds (2ª ed.). Christopher Helm, Londres ISBN 0-7470-1410-8 Posteriormente, escindiuse o furabuchos mediterráneo nunha especie separada,Sibley, Charles Gald & Monroe, Burt L. Jr. (1990): Distribution and taxonomy of the birds of the world. Yale University Press, New Haven, CT. ISBN 0-300-04969-2 con P. y. yelkouan como subespecie nominal e contendo como outra subespecie o furabuchos balear (P. y. mauretanicus).Wink, Michael; Heidrich, Petra & Ristow, D. (1993): Genetic evidence for speciation of the Manx shearwater (Puffinus puffinus) and the Mediterranean Shearwater (P. yelkouan). Die Vogelwelt 114(6): 226-232. [Artigo en inglés, resumo en alemán] PDF texto completo Mais as análises xenéticas indicaron que debían dividirse en dúas especies,Heidrich, Petra; Amengual, José F. & Wink, Michael (1998): Phylogenetic relationships in Mediterranean and North Atlantic shearwaters (Aves: Procellariidae) based on nucleotide sequences of mtDNA. Biochemical Systematics and Ecology 26(2): 145–170. PDF texto completo quedando Puffinus yelkouan como especie monotípica.Sangster, George; Knox, Alan G.; Helbig, Andreas J. & Parkin, David T. (2002): Taxonomic recommendations for European birds. Ibis 144(1): 153–159. Texto completo (en inglés)

As dúas liñaxes vivas de pardelas do Mediterráneo (o furabuchos mediterráneo e a balear) probablemente se separaron antes do Plioceno (hai aproximadamente 2 millóns de anos), como indican as diferenzas xenéticas e os fósiles atopados en Eivisa de Puffinus nestori, de finais do Plioceno e comezos do Plistoceno, que puido ser o devanceiro directo das dúas especies actuais.

Distribución e ecoloxía

É unha especie gregaria que se alimenta principalmente de peixes e luras. Segue os barcos cando descargan descartes de pesca. Distribúese por toda a cunca mediterránea e o mar Negro, e tamén, pero escasamente, pola costa atlántica. O furabuchos mediterráneo cría en illas e cantís costeiros, especialmente no Mediterráneo oriental e central. A maioría pasa o inverno no mar, pero algúns exemplares migran ao océano Atlántico a finais do verán. Adoita aniñar en tobos e gretas que visita só pola noite para evitar a depredación das gaivotas grandes.

A súa principal ameaza é o crecemento das urbanizacións turísticas costeiras xunto aos seus lugares de cría, ademais dos depredadores introducidos polos humanos como os gatos e as ratas. Na illa de Levant da costa francesa, un dos seus principais lugares de nidificación, os gatos matan miles de pardelas cada ano e estímase que de non se tomar medidas podería producirse a extinción local en varias décadas.

O estudo dunha colonia de cría en Menorca concluíu que a súa variabilidade xenética era moi baixa, polo menos na poboación máis occidental, e historicamente o furabuchos mediterráneo ten sufrido marcados descensos de poboación, polo que aínda que non está directamente ameazada a xulgar polo tamaño da súa poboación, podería ser vulnerable aos efectos adversos da endogamia.Genovart et al. (2005)

Ata 2014 a IUCN clasificábaa como especie baixo preocupación menor.BLI (2004) Pero investigacións máis recentes mostraron que era máis escasa do que se cría, polo que foi reclasificada co status de especie case ameazada en 2008,BLI (2008) e como vulnerable en 2012.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alcover, Josep Antoni (2001): Nous avenços en el coneixement dels ocells fòssils de les Balears. Anuari Ornitològic de les Balears 16: 3-13. [artigo en catalán, abstract en inglés] texto completo en PDF Austin, Jeremy J. (1996): Molecular Phylogenetics of Puffinus Shearwaters: Preliminary Evidence from Mitochondrial Cytochrome b Gene Sequences. Mol. Phylogenet. Evol. 6(1): 77–88. (abstract en HTML) BirdLife International (BLI) (2008): . Consultado o 23 de maio de 2008. Genovart, Meritxell; Juste, Javier & Oro, Daniel (2005): Two sibling species sympatrically breeding: a new conservation concern for the critically endangered Balearic shearwater. Conservation Genetics 6(4): 601–606. texto completo en PDF Harrison, Peter (1988): Seabirds (2nd ed.). Christopher Helm, Londres ISBN 0-7470-1410-8 Heidrich, Petra; Amengual, José F. & Wink, Michael (1998): Phylogenetic relationships in Mediterranean and North Atlantic shearwaters (Aves: Procellariidae) based on nucleotide sequences of mtDNA. Biochemical Systematics and Ecology 26(2): 145–170. texto completo en PDF Sangster, George; Knox, Alan G.; Helbig, Andreas J. & Parkin, David T. (2002): Taxonomic recommendations for European birds. Ibis 144(1): 153–159. texto completo en PDF Sibley, Charles Gald & Monroe, Burt L. Jr. (1990): Distribution and taxonomy of the birds of the world. Yale University Press, New Haven, CT. ISBN 0-300-04969-2 Wink, Michael; Heidrich, Petra & Ristow, D. (1993): Genetic evidence for speciation of the Manx shearwater (Puffinus puffinus) and the Mediterranean Shearwater (P. yelkouan). Die Vogelwelt 114(6): 226-232. [Artigo en inglés con resumo en alemán] PDF texto completo en PDF

Ligazóns externas Sons e mapa de distribución de Puffinus yelkouan. en Xeno-canto.

Categoría:Proceláridos Categoría:Animais descritos en 1827