Rafael Rivelles Guillén, nado en Valencia o 23 de decembro de 1897 e finado en Madrid o 3 de decembro de 1971, foi un actor español.

Traxectoria Naceu en Valencia, pero pronto a súa familia se trasladou ao Cabanyal, municipio de Valencia que en 1897 foi anexionado ao da capital, e onde pasou toda a súa infancia. Membro dunha familia de artistas, os seus pais foron os prestixiosos actores de teatro Jaime Rivelles e Amparo Guillem Minguet. Moi pronto comezou a traballar no teatro no que lograría rotundos éxitos; aínda que tamén traballou no cine ao longo da súa vida, pero de forma máis esporádica. Nos anos 30 traballou durante un tempo en Hollywood, pero pronto regresou a España, onde fundou a súa propia compañía de teatro xunto á súa esposa, a actriz María Fernanda Ladrón de Guevara coa que contraeu matrimonio o 15 de marzo de 1922, na Igrexa de San José de Madrid.

En 1925 naceu a súa filla, a actriz Amparo Rivelles, que continuou a saga artística xunto a unha nova xeración familiar de actores, entre eles Amparo Larrañaga e Luis Merlo.

No cine é lembrado como Don Quixote na película de 1947, Don Quijote de la Mancha xunto a un espléndido Juan Calvo, no papel de Sancho Panza.

En 1954 interpretou a Xudas Iscariote na película El beso de Judas dirixida por Rafael Gil.

Faleceu en Madrid o 3 de decembro de 1971 e de acordo cos seus desexos foi enterrado en Valencia, no cemiterio do Cabanyal, xunto aos seus pais.

Filmografía +AnoTítuloPapel1914Prueba trágica1930El embrujo de SevillaPaco Quiñones1931El proceso de Mary DuganFiscal1931La mujer XLuis Floriot1931¿Conoces a tu mujer?Robert Felton1931MamáSantiago1932El hombre que se reía del amorJuan Herrero1932Niebla1933El café de la Marina (versión en castelán)1936Nuestra NatachaLalo1938Carmen la de TrianaJosé Navarro1939Frente de MadridSaverio1940Il peccato di Rogelia SanchezDon Fernando1940Santa RogeliaFernando1942Capitan TempestaLachinsky1942Il leone di DamascoLachinsky1942GoyescasCapitán Fernando Pizarro1944Lecciones de buen amor1947Don Quijote de la Mancha1954Murió hace quince añosCoronel Acuña1954El beso de JudasXudas1955Marcelino, pan y vinoPadre Superior1961La rivolta degli schiaviRutilio1964El señor de La SalleCardeal Noailles1964Cyrano et d'ArtagnanCardeal Duc de Richelieu1966El GrecoMarqués de Villena

Teatro (selección)

Reinar después de morir (1964) Ardèle o la Margarita (1964) Cuidado con las personas formales (1960) Papá se enfada por todo (1959) La herencia (1957) Pepa Doncel (1956) La herida luminosa (1955) La muralla (1954) La mariposa y el ingeniero (1953) Señora ama (1953) Callados como muertos (1952) Criminal de guerra (1951). Al amor hay que mandarlo al colegio (1950) La visita que no llamó al timbre (1949) Carlo Monte en Monte Carlo (1939) El bandido de la Sierra (1926) El nido ajeno (1923)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Homenaxe ao actor Ficha de Rafael Rivelles en IMDb (en inglés). Lápida de Rafael Rivelles.

Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Finados en 1971 Categoría:Nados en 1897