Filipe de Courtenay, nado en Constantinopla en 1243 e finado en Viterbo en 1283, foi Emperador Titular de Constantinopla desde 1273 até a súa morte en 1283. Foi fillo de Balduíno II de Constantinopla e de María de Brienne.

Traxectoria Na súa mocidade, o seu pai viuse forzado a «empeñalo» aos mercadores venecianos para poder axudar ao seu Imperio que estaba a ser atacado por Nicea; porén este caeu en 1261.

En 1267 e de acordo ao Tratado de Viterbo casou coa filla do rei de Sicilia e Nápoles e da duquesa da Provenza, Beatriz de Anjou. O matrimonio de feito realizouse en 1273 e aos meses 'Filipe herdaría os dereitos do Imperio e sería recoñecido polas súas posesións en Grecia e grazas ao apoio dos seus sogros.

O matrimonio só tivo unha filla, a que sería Catarina de Courtenay, esposa de Carlos de Valois. Filipe de Courtenay morreu en 1283.

Devanceiros Devanceiros de Filipe de Courtenay

Categoría:Finados en 1283 Categoría:Nados en 1273 Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Emperadores titulares do Imperio Latino