María Amparo Rivelles y Ladrón de Guevara, nada en Madrid o 11 de febreiro de 1925 e finada no mesmo lugar o 7 de novembro de 2013, foi unha actriz española de ampla traxectoria teatral e cinematográfica iniciada en 1939. Converteuse, xunto coa actriz Aurora Bautista, na principal figura feminina do cine español da posguerra mercé ás producións de Cifesa.
Coñecida como a "raíña das telenovelas mexicanas", no país azteca tamén logrou enorme popularidade polos seus traballos para a televisión, ademais de pertencer á chamada Época de Ouro do cine mexicano. De volta ao seu país natal, protagonizou a adaptación de Los Gozos y las sombras e foi a primeira actriz galardoada co Premio Goya da Academia de Cine, por Hay que deshacer la casa (1986).
Até o seu retiro en 2006 interpretou obras de Jacinto Benavente, Enrique Jardiel Poncela, Miguel Mihura, Jean Cocteau, Fernando de Rojas, Jean Giraudoux, Óscar Wilde e Alejandro Casona, entre outros.
Traxectoria Naceu en Madrid no seo dunha familia con gran tradición na escena. Filla dos actores Rafael Rivelles e María Fernanda Ladrón de Guevara, foi irmá por parte de nai de Carlos Larrañaga e tía de Amparo Larrañaga e Luis Merlo.
Con catorce anos incorporouse profesionalmente á compañía teatral da súa nai e un ano despois apareceu na súa primeira película. Ao comezo da década de 1940 asinou un contrato en exclusiva coa produtora Cifesa, interpretando papeis protagonistas en Alma de Dios, de Ignacio Farrés Iquino; Malvaloca, de Luis Marquina; Eloísa está debajo de un almendro, El clavo e La fe, de Rafael Gil; Eugenia de Montijo, de José López Rubio ou Alba de América, de Juan de Orduña, que a conduciron rapidamente ao éxito e o recoñecemento.
Traballou á vez en teatro, onde en 1947 representou A puerta cerrada, de Jean-Paul Sartre, con dirección de Luis Escobar e xunto a Lola Membrives e Guillermo Marín.
Rodou ás ordes de Orson Welles na versión española de Mister Arkadin (1955) e de Tulio Demicheli en La herida luminosa (1956).
Trasladouse a América para traballar na televisión cubana e estableceu a súa residencia durante vinte anos en México, onde fixo teatro e rodou moitas películas e famosas telenovelas, moitas delas en compañía do actor mexicano Ernesto Alonso. O seu regreso a España produciuse en 1979 coa obra Salvar a los delfines, de Santiago Moncada, sendo xa considerada unha das actrices máis prestixiosas do panorama español.
Aínda que potenciou a súa carreira teatral, en 1986 conseguiu o primeiro Premio Goya á mellor actriz, pola película Hay que deshacer la casa, que rodou José Luis García Sánchez a partir da obra de Sebastián Junyent que Rivelles representara en múltiples escenarios xunto a Lola Cardona. Con Esquilache (1989), de Josefina Molina, obtivo un segundo nomeamento, esta vez como actriz secundaria.
Para televisión destacou o seu traballo nas adaptacións de dous clásicos literarios: Os gozos e as sombras (1982), con Eusebio Poncela, Charo López e Carlos Larrañaga nos papeis principais e La Regenta (1995), de Fernando Méndez-Leite.
En 1996 recibiu o Premio Nacional de Teatro. En 2004 recibiu por votación popular o IX Premio Nacional de Teatro Pepe Isbert, que concede por votación a Asociación de Amigos de los Teatros de España (Amite).
Tamén foi Doutora Honoris Causa pola Universidade Politécnica de Valencia, sendo a primeira actriz en recibir tal honra. A pesar de non vivir nunca en Valencia, sentíase moi vinculada a esta cidade, da que foi filla adoptiva, xa que nela estaban as súas orixes.
Co teatro como eixo da súa actividade profesional, en 2004 anunciou que a representación de La brisa de la vida, que encabezaba xunto a Núria Espert, podería ser a súa última función, aínda que tamén afirmou que "se atopo algo que me ilusione, que me apeteza moito, fareino, pero se non, esta pode ser unha preciosa despedida". Dixo adeus ao teatro en xaneiro de 2006 tras unha representación de La duda en Santander, mesma cidade do seu debut en escena.
Vida privada Cara a 1942 viviu un primeiro noivado co actor Alfredo Mayo. Nunca contraeu matrimonio e a comezos da década de 1950 afrontou en solitario a maternidade da súa filla María Fernanda, que lle deu dous netos. A súa neta Amparo, residente en México, faleceu no verán de 1981 con só oito anos de idade vítima de lupus eritematoso.
Morreu en Madrid o xoves aos 88 anos de ida, vítima de osteoporose, no Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz.
Filmografía
Cine +AnoTítuloPapelNotas1941Mari JuanaMari Juana1941Alma de DiosEloísa1942Los ladrones somos gente honradaHerminia1942MalvalocaMalvaloca1943Un caballero famosoEugenia1943Deliciosamente tontosMaría Espinosa1943Eloísa está debajo de un almendroMariana1944El clavoBlanca1944Eugenia de MontijoEugenia de Montijo1945EsproncedaTeresa Mancha1947La feMarta Osuna1947FuenteovejunaLaurencia1947AngustiaElena1948La calle sin solPilar1948María de los Reyes1949Sabela de CambadosTonucha1949La duquesa de BenamejíReyes de la Vega, duquesa de Benamejí / Rocio, xitana1950Si te hubieses casado conmigoIsabel / Victoria Garrido1950De mujer a mujer'''' |Isabel
|1951 |La leona de Castilla|María de Pacheco
|1951 |Alba de América|Raíña Isabel a Católica
|1953 |I Piombi di Venezia|Donna Diamante Orsenigo
|1954 |Tres citas con el destino|
|1955 |El indiano|Yolanda
|1956 |La herida luminosa|Isabel
|1957 |El batallón de las sombras|Magdalena
|1957 |Agguato a Tangeri|Lola
|1958 |Los hijos del divorcio|María Díaz
|1960 |El amor que yo te di|Norma Quiroz
|1960 |Un ángel tuvo la culpa|Prostituta
|1960 |El esqueleto de la señora Morales|Gloria Morales
|1964 |Historia de un canalla|Lina Torres
|1964 |Los novios de mis hijas|Dona Paz Rocosa
|1966 |El fugitivo|
|1969 |El día de las madres|Cecilia
|1970 |Los problemas de mamá|Paz
|1970 |Remolino de pasiones|Gabriela Requena de Solorzano
|1970 |La viuda blanca|Alejandra Castelar
|1971 |Ave sin nido|
|1971 |El juicio de los hijos|Andrea Altamirano
|1971 |Una vez, un hombre...|
|1972 |El medio pelo|Paz García
|1972 |Quién mató al abuelo?|
|1972 |Indio|
|1972 |Hay ángeles sin alas|Sor Margarita
|1974 |Presagio|Rufina
|1974 |La madrastra|Mercedes
|1982 |La casa de Bernarda Alba|Bernarda Alba
|1983 |Soldados de plomo|Dona Mercedes
|1986 |Hay que deshacer la casa|Laura
|1989 |Esquilache|Isabel de Farnesio
|1991 |El día que nací yo|María Teresa Murillo
|1995 |Mar de luna|
|1999 |El olor de las manzanas''VioletaCurtametraxe
Televisión +AnoTítuloPapelNotas1960Pensión de mujeres1960Pecado mortal1960La mujer doradaElvira1960El otro1961Niebla1961La leona1961Estafa de amor1962Sor Juana Inés de la CruzSor Juana Inés de la Cruz1962Las momias de Guanajuato1962Adiós, amor mío1963Tres caras de mujer1963Doña Macabra1964GabrielaGabriela1965Una mujer1965Llamada urgente1965El abismo1966Cristina GuzmánCristina Guzmán1967La tormentaLidia1967Lágrimas amargas1967Anita de MontemarAnita de Montemar1969Sin palabrasChantal Arnould1970La cruz de Marisa CrucesMarisa Cruces1973La hiena1975Lo imperdonableAlejandra Fonseca1978Pasiones encendidasMaría1979Estudio 1Rocío / Isabel2 episodios: "La mamma" e "Rosa de otoño"1982Os gozos e as sombrasDona Mariana1984La comediaMercedes1 episodio: "El caso de la mujer asesinadita"1986La voz humana1 episodio: "La voz humana"1989Primera funciónLaura1 episodio: "Hay que deshacer la casa"1993Rosas de otoñoTelefilme1994Un, dos, tres... responda otra vezAdiviña1 episodio: "Los signos del zodiaco"1994Función de tardeMistress Erlynne1 episodio: "El abanico de Lady Windermere"1995La regentaDona Paula1995Farmacia de guardiaAurora1 episodio: "Las apariencias engañan"1998Una de dosCharo2009MIR1 episodio: "No sé quién eres"
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Programa 'Autorretrato' de Televisión Española, dedicado a Amparo Rivelles, presentado por Pablo Lizcano (5 de xuño de 1984). Entrevista no País, por Maruja Torres. Amparo Rivelles: "Envellecer é a falta de curiosidade" (6 de agosto de 1994). Entrevista en 'La ventana', da Cadea SER, a Núria Espert e Amparo Rivelles, por Gemma Nierga (19 de febreiro de 2004). Entrevista en 'Neste momento', da Cadea SER, a Amparo Rivelles, por Iñaki Gabilondo (7 de marzo de 2005). Homenaxe a Amparo Rivelles no Instituto Cervantes de Madrid o 26 de setembro de 2011.
Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Politécnica de Valencia Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes