Vassilis Spanoulis (en grego: Βασίλης Σπανούλης), nado o 7 de agosto de 1982 en Lárisa (Tesalia), é un antigo xogador e adestrador profesional internacional de baloncesto grego. Cunha altura de 1,93 m xogaba nas posicións de base e escolta. Formado como xogador no Gymnastikos S. Larissas, chegou a gañar tres títulos da Euroliga co Olympiacos, sendo nomeado MVP da competición en 2013 e das finais en 2009, 2012 e 2013. Tamén participou un ano na NBA cos Houston Rockets. Foi internacional coa selección de Grecia. Dende 2022 traballa como adestrador do Peristeri da A1 Ethniki, a máxima categoría do baloncesto grego.
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados na periferia de Tesalia Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Grecia Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores do Gymnastikos S. Larissas Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do Maroussi BC Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de Grecia