Charles Joseph Camarda é un astronauta estadounidense que participou na misión STS-114. Pasou un total de 13,90 días no espazo.
Traxectoria Camarda naceu o 8 de maio de 1952 en Queens, Nova York. É graduado en enxeñería aeroespacial polo Instituto Politécnico de Brooklyn en 1974, tendo un máster en enxeñería Universidade George Washington en 1980 e un doutoramento en enxeñería aeroespacial pola Universidade do Estado e Instituto Politécnico de Virxinia en 1990. Entre as súas afeccións está a práctica do raquetbol, correr e facer pesas.
Foi seleccionado como candidato pola NASA en abril de 1996 e tras dous anos de adestramento pasou a ser astronauta oficialmente. Formou parte da tripulación da misión STS-114.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-114
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Nova York