Faye Tso, nada en Coal Mine Mesa, Arizona en 1933 e finada en 2004, foi unha oleira e curandeira herborista navagho. As súas pezas son coñecidas polas súas imaxes non tradicionais de mulleres de millo, guerreiros e bailaríns, xa que a cerámica navagho máis típica ten pouca decoración.
Traxectoria Tso foi recolocada xunto a outros navaghos cara a Tuba City, Arizona en 1974 por mor dunha disputa de terras entre os navagho e os hopi. Volveu a Coal Mine Mesa para cavar arxila, onde tamén recollía resina de piñeiros para selar a súa olaría navagho. O seu home e o seu fillo eran homes de medicina e usaban as olas de Tso nas súas cerimonias.
Notas
Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Pobo navagho