Louis Tewanima, nado en 1888 e finado o 18 de xaneiro de 1969, tamén coñecido como Tsökahovi Tewanima ou Lewis Tewanima, foi un atleta hopi de carreira de longa distancia. Foi dúas veces ós Xogos Olímpicos e gañou a medalla de prata nos 10.000 m en 1912. Correu para o Carlisle Indian School, onde era compañeiro de equipo de Jim Thorpe. A súa medalla de prata en 1912 foi o mellor logro dos Estados Unidos nesta competición até que outro nativo americano, Billy Mills, gañou a medalla de ouro en 1964. Tewanima tamén competiu nos Xogos de 1908, onde rematou en novena posición no maratón.Lewis Tewanima . sports-reference.com
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Pobo hopi Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912