Antonio Iglesias Corral, nado en Présaras (Vilasantar) en 1900 e asasinado en Miraz (Friol) o 15 de agosto de 1938, foi un político galego, último alcalde republicano de Vilasantar. Traxectoria Pouco despois da súa investidura como alcalde de Vilasantar estourou a Guerra civil española. Antonio Iglesias foi apartado do cargo e substituído por Severino Lagares Gundín.La Voz de Galicia, 18 de agosto de 1936. Páx. 5 O 15 de agosto de 1938 foi fusilado polo bando franquista en Portoscarros, na parroquia de Miraz (Friol). Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xuño de 1938.El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3.
Recoñecementos O 16 de agosto de 2017 a Deputación da Coruña recibiu os fillos de Antonio Iglesias Corral, como parte dunha serie de actos de homenaxe e recoñecemento das persoas represaliadas polo franquismo.
Notas
Categoría:Alcaldes de Vilasantar Categoría:Nados en Vilasantar Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos